Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ANTONIO CENDÁN

a ventá

A extrema dereita 'light'

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.7/5 [58 Voto/s]

15
Comparte en Tuenti

N os últimos anos xurdiron unha serie de formacións e grupos políticos sen ideoloxía definida. Proclaman por enriba de todo un populismo enganoso, erguendo bandeiras coma as dos supostos problemas que afectan a cidadanía, ofertando calquera solución por unha vía falsamente pragmática e sen unha liña concreta de actuación.

Coma non podía ser doutro xeito, Galicia non foi allea a esta corrente e en distintas localidades apareceron grupos e plataformas que se agochan baixo o nome de organizacións en defensa da cidadanía e outras denominacións difusas co ánimo de confundir. Estas entidades tamén están a tomar corpo a nivel estatal e de feito xa hai grupos con representación parlamentaria.

Por se fose pouco, non son só as minorías sociais ou os inmigrantes os obxectivos dos seus ataques, tamén o son unha parte importante dos habitantes do Estado aos que denigran tratando de recoller vellos tópicos, é dicir facendo unha corrente case racista. Eses insultos e descualificacións non son froito da casualidade nin dun erro, xa que os seus autores se negan a rectificar.

Eses novos movementos, que están a ter auxe aproveitando a crise económica coma no seu día sucedera cos fascismos europeos, son a nova faciana da extrema dereita, que se está a abrir oco en moitos puntos da xeografía peninsular. Aínda que de xeito civilizado, convén poñerlles couto antes de que sexa demasiado tarde, porque estas organizacións, aínda embrionarias, tenden a espallarse, aínda que ocultando as súas verdadeiras intencións. Malia que Galicia non é allea a este fenómeno, non é aínda alarmante, pero hai que evitar que medre. Non están demais as declaracións do Parlamento galego nin os seus pronunciamentos ante ese tipo de ataques, pero tamén, chegado o seu momento, se terá que lexislar neste asunto, aínda que as competencias sexan exclusivas do Goberno de Madrid. O que está a nacer é unha nova extrema dereita, cun carácter light, que de momento agocha os símbolos do pasado detrás das súa suposta defensa dos intereses da cidadanía, dun xeito moi populista, tratando de que todo xire arredor dun líder concreto que nun momento dado se tornará nun tirano, ao estilo de Le Pen ou outros caudillos europeos que acadaron o seu espazo político concreto.

Evidentemente, non se trata de recortar liberdades, nin de facer leis máis restritivas. Ese non é o camiño, xa que o aproveitarían para facer aínda máis vitimismo no que viven perennemente. Pero, o que hai que facer é alertar a sociedade do perigo que entrañan eses colectivos que só aspiran a conquistar o poder polo mero feito de posuílo, esquecendo logo as súas falsas e máxicas receitas coas que queren enganar a cidadanía.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS