Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Nacín en Arzúa e crieime vendo como, cada ano, miña nai e as súas veciñas preparaban as cestas de queixos para acudir no primeiro domingo de marzo á gran feira da vila. Dende aqueles primeiros anos e ata hoxe moito teñen mudado os mundos, tamén eu cambiei, pero o que permanece invariable é o empeño e dedicación que a xente de Arzúa pon dende sempre en que a Festa do Queixo se coñeza máis alá das nosas fronteiras. Falar de Arzúa é falar do queixo, promocionar o queixo é promocionar Arzúa e para iso é preciso nacer nela para querela e vivir aquí para defendela.
A Festa do Queixo foi e é un evento colectivo, un compromiso de quen goberna, unha xuntanza de esforzos comúns, lonxe de heroes individuais máis aló do producto que se ensalza.. Fóra de romanticismos, a organización da Festa do Queixo, non debemos esquecernos, é sempre unha dura e complexa aposta que require tempo, sorte, inversión e boa disposición por parte de todos os sectores.
Por iso, aproveito a ocasión que se me brinda para agradecerlle ao Concello de Arzúa e a todas cantas persoas se implican para que a festa medre cada ano coa ampliación do horarios de apertura do recinto, cunha chea de actividades culturais e artísticas para todos os públicos e como non, cun excepcional cartel musical de primeira orde. Sen desmerecer as actuacións dos grupos de anos anteriores que teñen dado e levado fama de Arzúa, o cartel desta edición merece unha especial mención, trátase dunha aposta seria para achegar a Arzúa grupos musicais de primeiro nivel; recentemente Vetusta Morla vén de ganar tres premios estatais da música. Uxía foi premiada como intérprete da mellor canción en lingua galega. É sen dúbida un grande acerto.
É así que a Festa do Queixo está preparada para ser de novo todo un éxito, non só de quen goberna, que supoño fai un grande esforzo para acadar o financiamento para sufragar os gastos dun evento de enorme trascendencia, senón e sobre todo, un éxito para Arzúa, pois a Festa do Queixo, lonxe de intereses particulares, beneficianos a todos.

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico