Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Sábado 04.02.2012  | Actualizado 10.21      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

CARLOS CALLÓN PRESIDENTE DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

tribuna libre

A forza da palabra

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [12 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O traballo realizado para defender os dereitos lingüísticos e revitalizar o galego realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística é con frecuencia caricaturizado ou mesmo demonizado por persoas que non concordan con tales obxectivos. Sería preferíbel un debate ponderado e axustado ás posturas defendidas por cada parte, mais en calquera caso as burlas ou distorsións que padecemos están loxicamente amparadas pola liberdade de expresión.

Porén, hai barreiras que, polo ben da convivencia, non sería desexábel que se traspasasen. Onte, o editorialista da sección "Pólvora" acusábame, como presidente da Mesa, de xustificar os actos vandálicos cometidos esta fin de semana na manifestación contra o galego realizada en Santiago. Non podo máis que lamentar unha mentira que non se axusta á realidade. É máis: quen lea as páxinas interiores de EL CORREO GALLEGO ou Galicia Hoxe poderá ver que nunca houbo tal amparo. Ben ao contrario, a violencia e o vandalismo deben ser sempre rexeitados, xulgados e castigados. Do mesmo xeito, as forzas de seguranza deben actuar de acordo co estipulado pola lexislación, como garantes da mesma, non de forma abusiva nin inxusta.

Dentro do ámbito de actuación da nosa asociación, non imos calar a boca cando temos noticia directa, reproducida ademais previamente en varios medios de comunicación, de que os antidisturbios solicitaron a identificación de persoas que paseaban pola zona vella de Santiago de Compostela, mesmo en zonas distantes do percorrido da manifestación, só polo feito de falaren en galego. Iso é criminalizar o feito de utilizar a lingua propia e cooficial do país, o cal debería ser inspeccionado pola Delegación do Goberno e o Ministerio do Interior. Alguén se imaxina o que acontecería se houbese forzas policiais que solicitasen a súa identificación á xente só por falar en castelán? É de recibo tal práctica con calquera idioma? Desde A Mesa continuaremos a defender principios básicos de convivencia como o recoñecemento da oficialidade do galego, un ensino de calidade que tamén forme na nosa lingua e o cumprimento da lexislación aprobada en democracia. Fronte á intolerancia, continuaremos a defender a palabra coa forza da palabra. Cumprimentos cordiais.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS