Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

Funciona a lei do funil

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [7 Voto/s]

5
Comparte en Tuenti

En Port La Nouvelle, ou sexa, algo así como no Portonovo do Rosellón francés, eiquí ó lado, coma quen di, Papá Noel chega en barco o mesmo día de Noiteboa. Arriba por unha franxa de mar, estreita e moi balizada, mentres a buguina do seu barco non deixa de dar buguinazos e o propio Papá Noel, armado dun altavoz deses portátiles, chama polos rapaces indicándolles ónde pensa atracar. Excúsase dicir que os rapaces corren coma tolos cara o embarcadeiro de amarre.

Port La Nouvelle é un vello porto con barquiños novos e cafés propios de piratas, non pra piratas, quede claro, no que che poden cobrar seis euros por tres cafesiños insaboros e cáseque inodoros. Un dislate. Sen embargo a expericiencia paga a pena. O café é vello, moi vello, con fotos vellas pendurando das paredes sucias e porcallentas.

Un lume feito coa leña dunhas viñas vellas, que van traendo a modo dende un remolque aparcado na beirarrúa, arde a lume lento nunha lareira que nunca debeu servir pra asar unhas sardiñas. Desembarcado Papá Noel organízase unha cabalgada ben curiosa. Ponis, cabalos de verdade, un dromedario e unha fanfarría que nin a do finado do Cuco de Velle, ábrenlle camiño a un Papá Noel de terceira categoría, que vai ciscando caramelos dende unha carroza, tirada por cabalos, mentres os nenos alborotados os recollen coma poden.

Ningún adulto ousa apañar caramelos no medio e medio do pequeño rebumbio organizado. É evidente que estou noutro país. Pra chegar eiquí din moitas voltas. A vida consiste maiormente neso: en ir dando voltas e parar de vez en cando. Hoxe no Languedoc.

É curioso o Mediterráneo, nel hai linguas que so sirven, maiormente, pra saír nos encrucillados. Hainas tamén que nin pra iso sirven. Véxase a de Oil. Pasaralle á nosa coma á lingua d"Oc ou coma a d"Oil. Vai ti sabelo. Pero o que levamos non é certamente un camiño moi engraxado, non moi lubrificado, máis ben un camiño torto, retorto coma se fora feito na retorta, no matraz dun alquimista de Montpellier, no cruxol dun de Carcasona, nun día de vágado e tolemia.

A lei do funil funciona tamén prás linguas. Todo son estreituras pra algunhas e bocas anchas pra outras. Ó escoitar as cornetas que lle abrían marcha a Papá Noel antolláronse as propias do Anxo da Apocalipse, lingüísticamente consideiradas. Preguntéime se a miña fala sairá algún día tamén nos encrucillados: lingoa extinguida na que aínda escreben catro toliños desahuciados, Deus os bendiga? ou os perdoe.

ac@alfredoconde.com

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS