Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

pan e coitelo

Gato bravo

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

Eu estou a favor do aborto pero tamén disposto a discutir o asunto con xentes afastadas do fanatismo máis estulto. Xa me gustaría retroceder ao ano 1975, concretamente ao un de xaneiro, data en que Pier Paolo Pasolini polemizou co Partido Radical italiano, promotor dun referendo para legalizar a interrupción do embarazo. Nun artigo publicado no Corriere della Sera, Pasolini escribía o seguinte: "No último decenio interveu a civilización do consumo, un novo poder falsamente tolerante que relanzou a parella a grande escala, beneficiándoa con tódolos direitos do conformismo. Mais a tal poder non lle interesa unha parella procreadora (proletaria), senón unha parella consumidora (pequeno burguesa); por iso xa alberga, in pectore, a idea da legalización do aborto, como xa albergara a idea da ratificación do divorcio". Velaquí un paradoxo: o Pasolini politicamente radical, oposto aos valores "clericais-fascistas", o escandaloso homosexual que sería inmolado en Ostia, convertido en ocasional aliado do Vaticano. Esta aparente contradición explícase porque o poeta e cineasta, cantor da gioia (alegría) dos baixos fondos, do subproletariado que moraba nos arrabaldes entregado á nugalla, á bebida e ás epifanías do sexo, pensaba que no coito latexa un carácter tráxico e misterioso e que a liberdade sexual "regalada" polo capitalismo consumista conduce á neurose, volvéndose unha condición paroxística en lugar dun signo libertario: "O poder do consumo, o novo fascismo, apropiouse das esixencias liberais e progresistas, vanificándoas e mudando a súa natureza". Non concordo coas posicións pasolinianas porque ignoran un dato esencial: a vontade da muller e a súa soberanía sobre o territorio da propia pelica (e o carácter invasivo da sexualidade masculina). Así e todo, preferiría debater co Pier Paolo no canto de aturar exabruptos dos amigos do gato bravo.

(Dedico esta peza ao meu amigo Paulino Vázquez, poeta e cristián ou viceversa).

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS