Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

HAI UNS MESES presenciei dúas escenas que me deixaron desconcertado. A primeira, na hora punta da saída dun colexio. O alboroto dos nenos que saían de clase era tremendo e, en medio da bulla, cada pequeno era recollido polo seu pai, nai ou canguro.
De súpeto, un cativo de sete anos a quen foi recoller en coche unha persoa maior -seguramente o seu avó-, comezou a berrarlle, dicíndolle: "Parvo, es un parvo!". Motivo: probablemente, que se retrasou uns minutos polo tráfico.
A falta de respecto que se vía na actitude do neno co seu avó era chamativa. Igual que a deste, que non dicía absolutamente nada, como se xa estivera acostumado a recibir insultos.
A segunda escena tamén tiña como protagonistas dous rapaces, aos que os seus pais chamaban dende o coche para marchar. A poucos metros, o primeiro andaba lentamente cara eles, sen acelerar o paso. E, trinta metros atrás, o segundo dicíalle ao seu irmán: "Que esperen, eu non teño présa!".
A educación non ten nada que ver coa color dos pantalóns ou co pendente que un pode levar na nariz, senón co respecto ao outro.
Este xoves, na autoestrada, recordei todo isto cando a rapaza da peaxe lle dixo ao condutor do coche no que eu ía que se acordaba del porque pasou por alá o día anterior. O meu amigo -que a saudou previamente- preguntoulle como era quen de acordarse, pois a peaxe era moi transitada. A resposta foi contundente: "É que vostede é educado. Aquí, case ninguén saúda".
Ao pasar a peaxe, comentamos o triste que debe ser estar oito horas cobrando e dando tickets sen escoitar un bo día, un por favor ou un grazas.
Así como algunhas normas ou costumes relacionados coa educación son pasaxeiras e cambiantes, outras -como a cortesía, a afabilidade ou o respecto- non. Cando a educación que se dá na familia e na escola non incide nestas, queda coxa e non favorece o crecemento persoal nin a posibilidade de establecer relacións axeitadas cos demais. Dicir bo día e dar as grazas non custa tanto.
Licenciado en Dereito

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado