Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

HELENA VILLAR JANEIRO ESCRITORA

notas de actualidade

Desde o himenio do idioma

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [237 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O domingo fun por cogomelos aos piñeirais queimados no verán de 2006. Ía con fe de atopalos e dei con eles. Catro cogomeleiras de lactarios, coa súa color laranxa e co seu zume, agardábanme trafega. O monte rexenérase porque o himenio enterrado volve saír con forza pasado un tempo. Pode ser unha metáfora do que pasa coa lingua. Houbo, hai e ha haber unha rede de nódulos no himenio dun idioma que, soterrado en tantos séculos de comunicación, fan que aguante os embates de nugalláns, desleixados, inimigos confesos... De quen non deu saído dos prexuízos, de quen traballa para deixalo na marxinación tentando facernos crer que o castelán está en perigo e que os seus falantes están privados de dereitos. Xa se sabe que onde hai dous idiomas oficiais non se pode facer ensino á carta, porque hai que garantir a adquisición de ambas as habilidades lingüísticas e que só son bilingües os que falan galego.

No himenio do idioma, que se creou hai tantísimos séculos e se alimentou de tantísimas voces, sempre ha aparecer un tempero para que os nódulos poidan botar fóra da escuridade.

O noso tempero é a Lei de Normalización Lingüística (3/1983, de 15 de xuño) e o seu desen- volvemento normativo. Os nódulos que producen esa especie de floración que veñen a ser os cogomelos son persoas e institucións que, co seu traballo e exemplaridade, manteñen a vida oculta dese himenio que lle vai garantir a permanencia.

Quería falar de dous destes nódulos agasallados con recoñecemento público. Isaac Díaz Pardo, que recibiu o sábado a distinción de Fillo Adoptivo de Rianxo, ilustre intelectual, filántropo, artista e empresario que mantivo con Galicia e a súa cultura unha insubornable actitude e estableceu liames específicas con Rianxo a través de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao e Rafael Dieste, servindo de saudosa presenza durante o seu exilio en Buenos Aires e traballando aquí na difusión e defensa da nobre causa da lingua e das ideas.

O outro, galardoado este xoves co Premio San Martiño na Estrada, é Xosé González Martínez, que tanto se empeña en que o galego recupere usos que, ao longo de séculos, autoridades importadas lle foron suprimindo á lingua propia, como tal a xustiza, as distintas administracións e a igrexa. Eles e estas distincións son un dos froitos máis bonitos deste outono.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS