Viernes 19.03.2010  | Actualizado 17.35      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN ESCRITOR

O inútil

18.06.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

De cativo, os da casa dicíanlle que nacera para señorito porque nunca se daba mañá para nada e había que facerllo todo, mesmo as cousas máis miúdas. Cando a nai lle encargaba calquera dos mandados que adoitaba facer un rapaz do seu tempo amañábase para poñer algún problema. Co pai a cousa non marchaba mellor e pouco e pouco fórono deixando por imposible. Aquela situación non deixaba de molestar os irmáns que tiñan que apandar co traballo deles e co que el deixaba sen facer. A señora Ánxela aplicáballe un dito que explicaba todo dunha maneira moi clara: "Hai que mandar a quen fai as cousas porque aos outros é escusado". Todos contribuíron co seu esforzo a poñer en marcha unha pequena empresa gandeira da que vivían con comodidade, pero tamén con sacrificios, catro familias. El preferiu un traballo de oficinista na vila. Con todo, cada vez que ía pola aldea non deixaba de amolalos coas súas recomendacións: "Habería que ir..., habería que facer...", pero el non movía un dedo, como se as cousas se fixesen soas. Un perfecto inútil.

Acaban de morrer os pais, primeiro ela, logo seu home. Unha semana despois, para asombro dos da casa, esixiu saber que parte lle tocaría dos negocios familiares.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS