El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

JOAN RIBOT

Cultura empresarial

07.10.2017 
A- A+

HAI anos ter un emprego era sinónimo de ter a vida máis ou menos solucionada. Hoxe non é así, tendo aparecido os traballadores pobres, os cales teñen un salario insuficiente para vivir.

O desenvolvemento de calquera país está ligado á capacidade do seu tecido empresarial. A dinámica creación-reparto da riqueza pode darse cando hai empresas, entendendo por estas -sobre todo- as pequenas e medianas, as cales son ao redor do 90 %.

Para diminuír o desemprego necesítanse empresas, entendendo por estas tamén -en sentido amplo- ós autónomos. Por isto hai que promovelas, protexelas e mimalas. Cando se busca traballo e ningunha -ou poucas- ofréceno, non se pode superar a praga do desemprego; o que significa que deba consideralas un ben social.

De que sirve unha subida do PIB cando non repercute no benestar da poboación xeral? Cando a mellora deste ou das grandes cifras macroeconómicas non chega a todos, estamos ante un modelo fallido que, entre outros elementos, demanda unha cultura empresarial que saiba combinar a busca do beneficio co ben de todos quen forman parte da empresa.

Xunto a medidas que garantan a viabilidade da empresa, esta cultura debe contemplar unhas condicións laborais dignas, incluída a conciliación, e un reparto axeitado dos beneficios. O que significa que cando unha empresa ten dificultades ou medra, o salario -tamén o dos directivos- debe ter en conta a dita coxuntura. Moitas empresas alemás, na que os sindicatos soen apoiar a reconversión profesional e os cambios tecnolóxicos para manter a competitividade, seguen este modelo.

Esta filosofía debería aplicarse na configuración de toda a economía. Respecto a irrupción dos robots nas empresas, por exemplo, debería terse en conta se expulsan traballadores. O estudo publicado este ano sobre a automatización do mercado laboral en EE UU de 1997 a 2007 pola Oficina Nacional de Investigación Económica dese país, estima que perderanse entre 3 y 5,6 empregados por cada robot. Ante isto, algúns expertos defenden que estes deberían pagar impostos.

Outros estudos estiman que os robots farán desaparecer empregos, pero aparecerán outros. Trátase de fomentar unha cultura que busque a redución do desemprego e a existencia de salarios dignos, evitando unha situación de desigualdade na que os traballadores pobres e os desempregados estean peor que os robots.

Técnico da Seguridade Social