El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

á beira do sar

JOSÉ CASTRO CAJARAVILLE

Novos paseos

08.12.2017 
A- A+

Entre as variadas riquezas patrimonias de Padrón, non podemos deixar de ter en conta as numerosas zonas utilizadas coma paseos.

Así resultan moi concorridos os paseos polas pistas en ámbolas dúas marxes do río Sar ata a súa desembocadura no Ulla, coma as da canle de derivación do mismo río. Mais ultimamente veuse sumar outro dende final do río Sar pola marxe coruñesa do Ulla ata o lugar da Ponte e agora se dispón, dende os derradeiros días, dun novo paseo pola zona de O Bordel río Sar arriba, dende o cal se pode seguir unindo á grande Ruta Rosaliana.

Sen dúbida será ben acollida ista nova ruta, mais ao falar de O Bordel, temos que insistir na necesidade de acometer a plena urbanización desta vía, moi utilizada, coa renovación do pavimento e dotación de beirarrúas coma elemental medida de seguridade dado, repetimos, o gran volume do tránsito, mesmo peonil coma de vehículos. E na mesma zona, desacordo produce tamén que se trate de construir unha pasarela peonil con A Barca e non unha ponte para vehículos.