Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOSÉ NEIRA VILAS

cancela aberta

Lembranza de Marcelino

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.1/5 [12 Voto/s]

5
Comparte en Tuenti

Ten a virtude Xosé Lois García (poeta, historiador e xornalista lugués asentado en Barcelona) de recadar noticias sobre a literatura africana de expresión portuguesa, é dicir, de Angola, Mozambique, Guinea Bissau, Cabo Verde, Sâo Tomé e Príncipe. É un especialista no tema e a súa dedicación resulta decisiva para o achegamento do mundo lusófono (e non só o africano) a Galicia. Estimo que as nosas institucións aínda non recoñeceron a súa achega.

Esta vez trainos noticias do poeta mozambicano Marcelino dos Santos (Revista das Letras de Galicia Hoxe). Unha referencia para min entrañable pois cadra que o coñecín e tratei na Habana en 1966, cando se celebrou un evento internacional de solidariedade cos pobos de Asia, África e Latinoamérica (por falarmos galego escolléronnos a Anisia e a min para atender as delegacións dos movementos de liberación das entón colonias portuguesas).

Recordo que lle fixen unha entrevista a Marcelino, e que me leu algúns dos seus poemas -un deles era A un menino do meu país, que Xosé Lois recolle-. Acompañeino á Casa das Américas, e á Unión de Escritores, onde tivo un encontro con Nicolás Guillén, e con el e outros delegados do Frelimo viámonos no hotel Habana Libre. Despois percorremos o país.

Poesía e loita teñen ido da man moitas veces. Poetas eran José Martí, o Che Guevara, o salvadoreño Roque Dalton, Mao, Ho Chi Minh, e no encontro da Habana estaban tamén os poetas e combatentes angolanos Agostinho Neto e Mario de Andrade. Dicía Celaya que a poesía era de por si unha arma de combate contra a opresión .

Tales foron os camiños que escolleu Marcelino dos Santos, que ademais de poeta foi un alto xefe militar do Mozambique liberado, e presidente da Asamblea da República.

Este home cordial, sinxelo, de sorriso fácil e voz calma vén de cumprir 80 anos e segue na mesma trincheira de sempre, á beira do seu pobo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS