Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Apsicoloxía do ser humano fai que sexa difícil para nós aceptar os cambios ou as novidades como algo positivo.
Ata que non pasa una tempada, proporcional á magnitude do invento, ou da nova situación, non a valoramos de xeito obxectivo: o novo é incómodo.
E moto máis cando se trata de baleirar o peto. Así as cousas, vexo difícil que aceptemos con tranquilidade o anuncio da posibilidade de que as empresas de telefonía móbil cobren aos usuarios por recibir chamadas.
Xúntanse nunha mesma frase unha serie de conceptos incompatibles: anuncio, novidade e cobrar. Ai! Queima!
Pero positivemos: o telemarketing chegará ao seu fin, nin os máis educados que xamais lle colgaron a aqueles que venden seguros de vida por teléfono, se atreverán desta volta a contestar.
Xa saberemos que facer cos fixos que temos na casa: reciclalos e usalos. Os custos por facer unha chamada, baixarán (digo eu!!).
E melloraremos a nosa redacción porque teremos que comunicarnos vía mail. Son ou non todo vantaxes?

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico