Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 24.05.2013  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{ enfiando }

AFONSO EIRÉ

O medo a Castelao en Pontevedra

MANUEL Díaz Ligero foi contrabandista, amigo de Fraga Iribarne e alcalde da Garda durante os últimos anos do franquismo. Manuel Díaz recuncou como mandatario nos primeiros comicios democráticos. Ligero era un home de palabra. Un bo home. Pero non caletraba a nova situación política.

-Se teño maioría absoluta e non podo facer o que me da a gaña coma antes, para que serve a maioría..., –dicíame alá polo 1982.

Tampouco entendía que os do Bloque lle criticasen as obras que teimaba en realizar no monte de Santa Tegra (o terceiro recinto que máis visitas recibe na Galiza). El só pretendía "facer do monte unha zona verde" e pensaba que "a mellor maneira de atopar as casoupas celtas é cunha escavadora".

Lembro agora as miñas conversas con aquel alcalde guardés ante a decisión da Deputación de absorber o Museo de Pontevedra.

Certamente que o organismo provincial ten razón cando pretende darlle un xiro á xestión do museo e tentar reconducir o macro-proxecto de seis edificios, sobre todo nunha fase de recesión económica, cando son múltiples as fundacións que están a pechar e as institucións culturais que se declaran en bancarrota.

Non hai que esquecer o seu crecemento desproporcionado. Tampouco o minguado acerto na dirección do museo nos últimos anos, coa incapacidade para adaptalo aos novos tempos, mellorando a presentación dos contidos e a incorporación de novas actividades e tecnoloxías. Pero a decisión da Deputación, seguramente que benintencionada e non para controlar a institución, como afirman os críticos, pode levar, finalmente, a desaparición do propio museo.

A razón non é outra que a creación dunha inseguridade xurídica, á par que racha coa tradición histórica, falsificando a súa traxectoria.

Os seus fundadores, os galeguistas, con Castelao á cabeza, pensaron e puxeron en marcha o Museo de Pontevedra (unha especie de museo nacional) como entidade xurídica proía. Os legados do autor do Sempre en Galiza, de Xosé Casal, de Sebastían González, de Filgueira Valverde, de Álvaro Gil, de Luciano García Alén..., entre outros moitos, teñen ao Museo como depositario. Para iso traballaron o padroado e os benfeitores. A nova situación xurídica da pe a que os herdeiros ou cabeceiros reclamen estes legados, comezando por Xavier Baltar o de Castelao.

Existen sentenzas xurídicas dabondo que lles poden dar a razón. A última a prol dos herdeiros de Carlos Maside en Vigo.

A potenciación do Museo de Pontevedra podería conseguir unha saída máis doada se decidisen convertelo no museo Castelao, comezando polo sexto edificio até de agora bacío. É unha solución que se ven propoñendo desde hai anos pero a que se nega a dereita pontevedresa, pois, lamentablemente, aínda lle teñen medo a Castelao.

Xornalista

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS