Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN ESCRITOR

Medo

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.7/5 [12 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Levaba tres semanas naquel país e non daba atopado traballo. Amigos seus dixéranlle que no estranxeiro había moitas posibilidades de gañar cartos que lle permitirían saír da miseria. Por fin decidírase a iniciar unha nova vida, pero as cousas non eran tan doadas como llas pintaran. Menos mal que compartía un minúsculo cuarto con outro compañeiro, pero a situación non se podería manter por moito tempo. Por iso todos os días madrugaba para buscar traballo. Ás veces recibíano con boas palabras e dábanlle algunha esperanza, pero a máis da xente nin caso lle facía. Esixíanlle o permiso de residencia e cando o ía solicitar pedíanlle o contrato de traballo. Un círculo vicioso.

Ao cabo de tres meses, nada máis rematarlle o permiso como turista, chamárono para limpar unhas oficinas, pero non lle podían facer contrato. Como estaba ilegal, se o detiñan, devolveríano ao seu país e por nada do mundo quería retornar derrotado á súa terra. Durante moitos meses sentiuse vixiado e co temor de que en calquera momento o collesen. O medo non lle deixaba prender no sono e a noite facíase máis angustiosa có día. Lembraba todo isto e máis cando se lle achegou aquel mozo africano para venderlle unhas pulseiras.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS