El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

Invitado Especial

CIBRÁN CANEDO

Melloras na fervenza do Toxa

14.07.2018 
A- A+

O CONCELLO DE SILLEDA vén de iniciar obras para crear unha zona de aparcamento na parroquia de Pazos, unha iniciativa que culminará o proxecto de mellora de

accesibilidade e sinalización da Fervenza do Toxa, un emblema natural do municipio que visitan cada ano milleiros de persoas. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou a zona de traballo e asegurou que "con este aparcamento concluiremos o proxecto de mellora da sinalización e accesos á Fervenza do Toxa, un espazo que precisaba de iniciativas coma esta para continuar poñendo en valor e protexendo tamén os nosos recursos". O estacionamento estase a habilitar nun terreo alugado polo Concello a Adif. Os predios suman unha superficie de 18.000 metros cadrados, nos que se crearán 83 prazas.

NON HAI DÍA SEN RUMOR

A DÍA DE HOXE AÍNDA nada se sabe sobre a causa que fixo que aparecesen peixes mortos nas augas da praia fluvial de Tapia. É por iso que os socialistas de Ames xa avisan de que van preguntar no Parlamento de Galicia sobre o acontecido durante os últimos quince días no río Tambre. E é que tanto os socialistas como o goberno local culpan á Consellería de Medio Ambiente de "consentir un problema medioambiental, do que a día de hoxe aínda se descoñecen de maneira oficial as causas da mortandade dos peixes e das feridas". Por iso os socialistas agora van esixir que aporten urxentemente a información referente a este grave problema.