Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN ESCRITOR

Mensaxe

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Moito riu o inútil do meu amigo ao ver no xornal do luns os comentarios dalgúns lectores e non tivo cousa de máis présa que irlles fregar o Correo nos fociños da muller e as fillas. Elas non se deixaron asoballar e tamén lle apareceron armadas de dicionarios, mesmo un de sinónimos. Aquilo serviulles para recordar aínda outra vez algunhas das súas múltiples torpezas que darían para escribir unhas cantas páxinas. A filla pequena lembrou o traballo que pasara para explicarlle o funcionamento dos primeiros teléfonos móbiles. Andaría ela daquela polos dez anos e os aparatos non tiñan complicación ningunha. Claro que agora sempre usaba os máis sinxelos porque unicamente pretendía falar coa xente. Ninguén logrou convencelo das vantaxes dalgúns modelos que levaban música e cámara de fotos. El sostiña que lle abondaba co que mercara. Tamén co teléfono lle teñen pasado cousas moi chuscas. Hai meses recibiu unha mensaxe que preguntaba: "Es Luís? Son Lydia". A el ocorréuselle contestar. "Non son Luís, pero quen me dera". Aquela remitente mofouse del canto quixo e aínda hoxe é o día que segue a mandarlle mensaxes. O peor do conto é que non ten nin idea de quen pode ser e poida que ela o coñeza a el.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS