Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
San Geraldo foi primeiro arcebispo da arquidiocese de Braga, favoreceu a fundación do reino de Portugal e mesmo bautizou o seu primeiro rei don Afonso Henriques. Nado en Francia, viviu en Toledo e morreu en Vilapouca de Aguiar. Conta a tradición que cando se encontraba nesa vila en visita pastoral viuse rodeado, el e mais a xente que o acompañaba, por unha intensa nevarada. Enfermou de gravidade e, ao se sentir ás portas da morte, consumido pola febre pediu que lle fosen buscar froita para acalmar a sede. Respondéronlle que naquela época do ano e con tanta neve as árbores estaban espidas; todo o máis, podían atopar castañas. O bispo insistiu tanto que miraron por unha físgoa da porta pola que entraba un frío xélido e viron pasmados como as árbores de fóra estaban cheas de froitos. Ese foi o milagre de San Geraldo. A este arcebispo Xelmírez rouboulle as reliquias de San Fructuoso e Santa Susana, no que se coñece como o pío latrocinio. O roubo non foi reparado ata nove séculos despois, en 1994. San Geraldo e Xelmírez porfiaron por conseguir que a súa diocese estivese sometida á do contrario, pero só o primeiro chegou a santo. Claro que o arcebispo compostelán non fixo ningún milagre que se saiba.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado