Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ANTONIO CENDÁN FRAGA PERIODISTA

firma invitada

A moderación nacionalista

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [16 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

¡Canto cambiaron as cousas nos últimos tempos! Antes os teoricamente máis moderados facían da súa praxe política pouco menos que unha causa ante o resto dos partidos políticos. Todo o que se movía ao redor dos dous grandes partidos, PP e PSOE, era a máis grande gloria que se podía imaxinar no ámbito político e social tanto galego coma do Estado.

É certo que houbo épocas en que tanto socialistas coma conservadores se fixeron co favor dun gran número de cidadáns polo seu discurso moderado e centrista. Ninguén quería ser tildado de esquerdista nin moito menos se poñía a etiqueta de centro dereita e non digamos xa de dereita, que se consideraba coma un mundo turbio e nulamente edificante.

Sen embargo, nos derradeiros meses as cousas cambiaron moito. Se cadra axustáronse aos parámetros nos que realmente se movían dende hai moitos anos. Tanto populares coma socialistas, a todos os niveis, están a facer un discurso propagandístico falto de seriedade e pouco respectuoso coa cidadanía, no que se usa a crise económica coma fatal moeda de cambio, nos que están a sufrir as consecuencias os máis desfavorecidos como é habitual.

Curiosamente, no medio dese enrevesado mundo no que andan liados uns e outros encóntranse os nacionalistas. Tan só BNG, PNV e CiU fixeron propostas serias e con intento de dar solucións ao principal problema que temos a comezos do seculo XXI. Mentres os outros se tiran os trastos á cabeza, no caso galego houbo propostas de emprego, investimentos e infraestruturas que viñeron do lado nacionalista. A dialéctica empregada polos dous grandes grupos lembrou a linguaxe que utilizaba un coñecido adestrador e comentarista deportivo que falaba moito, pero ao que apenas se lle comprendía nada, coa diferenza de que este último era máis moderado.

Á vista de que practicas políticas do pasado non daban resultados, a política antiterrorista ou o pasado franquista, utilizaron un asunto moi serio: a economía. Por desgraza aquí non serven de moito os berros nin a autocomplacencia, necesitanse respostas que agora non temos. Están a vir propsotas serias e se se quere politicamente moderadas dende o nacionalismo democrático, ás que se lles pretende restar credibilidade, pero que son as únicas que polo de agora existen. ¿Quen é agora o radical da película?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS