Domingo 07.02.2010
Hemeroteca web
|
RSS
Isto das palabras debe ser cousa importante. Houbo un tempo nos que os que logo haberían ser profesores do EXB eran coñecidos como maestros nacionais. Cando conqueriron o cambio, porque se tratou deso, dunha conquista, as súas funcións seguiron a ser as mesmas. Pero non sucedeu igual coa consideiración que se lles dispensou a partires de entón, nin cos emolumentos que empezaron a percibir polo seu traballo. Cambiaron unha cousa e maila outra.
Quen di os profesores do EXB, di as vellas criadas ou muchachas de servir que empezaron a se denominar empregadas do hogar, cotizar na Seguridade Social, traballar por horas, deixar de ser aquelas medio escravas que foran sempre e ter xubilación e horarios laborais parangonables cós dos demáis traballadores. Os exemplos son moitos e variados. Os peritos pasaron ser inxenieiros técnicos, os aparelladores arquitectos técnicos e así sucesivamente. Por algo os farmacéuticos condicionan a expendeduría de medicamentos, por algo as parafarmacias -rexentadas por farmacéuticos as máis delas- non son apotecas, nin boticas, nin nada que se lle asemelle, senón parafarmacias, que é palabra que suscita á outra que o é de referencia e non se confunde con herboristería, nen cousa semellante. As funcións, como nos casos anteriores, están craras, ninguén se confunde e eiquí non pasou nada.
Co término nación sucede o mesmo. Hai uns farmacéuticos, uns alquimistas máis ben, posuidores das pócimas e dos ungüentos, das esencias prístinas do patrioterismo máis casposo, que pretenden que o término nación se nos negue cando a Historia, a razón, a conveniencia, a consideiración e, o que é máis importante, os emolumentos e todo canto deles se deriva, a función que pintemos no conxunto do estado, ou sexa, seguir sen ser as criadas de servir que fomos pra poder continuar sendo profesionais en pé de igualdade cos demais compoñentes da comunidade patria, que levamos sendo nos últimos vintecinco anos, indican a conveniencia de ter o rango que a realidade nos concede.
Hai que ter moito coidadiño con estas cousas. No fútbol hai primeira e segunda división, tamén terceira, e na política tamén. Unha mala administración pode facer baixar a un clube dunha a outra malia os éxitos deportivos. Algunha experiencia temos deso. Que ningún partido, mal administrador do noso capital político, nos devolva á segunda división nacional. Ollo porque hai indicios delo e non parten das súas bases.
ac@alfredoconde.com

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico