Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

Muera la cultura, viva la muerte

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [108 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O mundo élles como é. Non sei se iso é bo ou malo. E o pior é que o é sen remedio. Que vostede se cola nun partido de futbol e o pillan? Pois nin se imaxina a que se lle pode formar. Que o que fai vostede e roubar nuns grandes almacéns? Pois xa verá a que lle cae. Que o que fai vostede e fotocopiar un libro, baixar unha canción ou unha peli da Internet? Pois non se preocupe. Mesmo poden aplaudilo.

O outro día, na Praza do Obradoiro, uns calamidades argallaron unha cencerrada abeirados a unha pancarta na que se afirmaba que "a propiedade intelectual é un robo". Carallo! Se me deixan dicilo así, con perdon da súa cara. Carallo! Ou ben estes mozos son netos daqueles que entón afirmaban que "matar rojos no es matar" ou ben non milloramos moito dende o 36. Tampouco non debeu ser moito o que o fixemos dende o 72, cando outros cenutrios certificaban polas Rías Baixas adiante que "roubar á igrexa non é roubar" co que sen dúbida se convertían herdeiros dos que, en tempos anteriores, afirmaran que "quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón".

A propiedade intelectual é un roubo? Ben se ve que quen tal afirme non debe facer excesivo uso da súa capacidade? intelectual. Tempos houbo no que un focopista podía obter máis ingresos facendo copias dun libro que o seu propio autor escribindoo. Que qué importancia terá que se baixe unha peliculiña de nada da Internet? Home, pois moita non, pero se se producen medio cento de millóns de baixadas xa me dirán vostedes os centos de millóns de euros que puido ter costado a producción do filme, os soldos dos guionistas, dos actores e técnicos, os costes de distribución, etc...

Hemingway, que seica era algo mal falado e disque falaba un español algo fulleiro non sei se, diante do estado de cousas que tanto inconscente ou tanto desinformado defenden, non faría uso da expresión da que gustou tanto: aquela de "es cojones la cosa". Realmente hai que telos pra soster algún tipo de afirmación sen que se lle caia a un a cara de vergonza. Que non se cuestione a propiedade inmobiliaria abandoada; que non se discutan os latifundios improductivos; que ambolosdous tipos de propiedade se poidan transmitir xeneración tras xeneración e que un señoritos, a golpe de cencerro, poidan defender a posibilidade de que un señor traballe de balde é unha coña mariñeira. A pancartiña de marras moito recorda aquelo de "Muera la cultura, Viva la Muerte!". A estas alturas da historia, nun país que se ten por culto e que efectivamente o é, preocupa unha expresión de tan curto alcance intelectual como a comentada. Non se sabe de ónde xurdeu. Pero xurdeu e significa un aviso máis, outro, de por onde poden ir as cousas.

ac@alfredoconde.com

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS