Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

HELENA VILLAR JANEIRO ESCRITORA

notas de actualidade

Narcissus Indicus Jacobeus

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Cantas veces nos decatamos de termos unha alfaia cando estamos afeitos a bregar con ela como se non tivese importancia por demasiado habitual. Mais, de súpeto, oímos que falan desa cousa cotiá, e que alguén pasou moito tempo investigando a súa historia e os seus aconteceres. Daquela, achégasenos como valiosa.

Acaba de me pasar. Nada sabía dos avatares dunha planta coa que me agasallou hai tempo unha veciña para que a incorporase ao meu xardín. Bonita como ela soa, unha vez cortada dura bastante en xarrón e, desde logo, non é corrente, porque non a tiña visto nunca. Afeccionada como son a buscar a nomenclatura científica das plantas -paréceme que esas palabras latinas compoñen unha poesía fascinante cargada do humanismo e do entusiasmo dos vellos taxonomistas- busqueina e vin que era orixinaria de México, da famila Amaryllidaceae, que aparecía citada frecuentemente como Sprekelia formosissima. Os indios dinlle azcalxochitl e tamén lirio azteca. Pero a miña veciña deuma co nome de flor de lis e así a fun nomeando. Desde agora paso a chamarlle definitivamente Narcissus Indicus Jacobeus, que é o primeiro nome botánico que tivo ao llo poñer, en 1601, o naturista flamengo Clusius. E todo isto seino porque acaba de ser presentada en sociedade pola arquitecta compostelá Ruth Varela, a quen tiven por alumna e da que gardo un entrañable recordo. Esta semana publicou un estudo sobre a flor e as relacións que garda coa cidade de Santiago ata o punto de que pode aspirar a se converter en símbolo de Compostela. E aquí teño durmindo baixo a terra da miña horta os bulbos dunha matogueira súa, un atractivo irresistible para os roedores, tanto que xa a tiven que recuperar desde as cascas que me deixaron no primeiro lugar de plantación, cabo dunha parede con ratume. Esperarei ansiosa a súa floración e deberei vixiala moi de cerca porque, axiña que apunta o bocho, convértese en delicatessen para eses gasterópodos terrestres insaciables, que aquí chaman caramechas e mesmo me roen nas cartas no buzón.

Non a poderei mirar cos mesmos ollos sabendo que procede dos xardín do palacio de Moctezuma II. Que chegou a esta beira a finais do século XVI nuns bulbos que viaxaban en arca de madeira. Que floreceu en Sevilla en xardíns de persoeiros vinculados á Or- de de Santiago e que é a flor simbólica da cidade que máis quero.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS