Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Nun instituto ou INEM, que se dicía antes ou nun IES, que se di agora, andan as cousas revoltas. Ubícase o tal IES na provincia de Pontevedra e céntrase a revolución, máis ben a revoltiña, na impartición do ensino dunha relixión que non ten por que ser a católica, que non o é, aínda que moi ben poidera selo. Parecer ser que a profesora que a impartía, máis que a de divorciada, ostenta a condición de repudiada. Tal condición non figura nas leis, pero a ver cómo se lles chama a aqueles, ou a aquelas, que non querendo o divorcio vense impelidos a el; ó millor divorciados-contra-a-súa-súa-vontade que disque é como os portugueses sinalan nos epitafios ós asasinados do mesmo xeito que ós suicidas disque lles poñen morreu-porque-quixo. Cousas veriedes, Sancho amigo.
Pois resulta que a profesora divorciada, que non repudiada, sí que o é, sí que é repudiada, pola minoría evanxélica presente no IES disposta, ó parecer, a non consentir que unha muller da súa condición lles explique ós seus fillos as categorías dos anxos si é que na súa confesión tales cousas se explican e comprenden como, cando menos na miña nenez, sucedía na católica na que fun criado. E velaí teñen como cos cartos públicos, unha minoría relixiosa, dispón ó seu antollo do salario dun profesional do ensino. O problema non é que explique quén son os anxos, cál é o seu sexo ou cántos collen na cabeza dun alfiler, extremos que moito preocupaban ós teólogos salmantinos no SXVI, por exemplo, senón que o faga dende a súa condición de descasada. O noso estado laico está sendo moi mirado pra este tipo de cuestións.
Ó millor é cousa miña, isto de pensar así como me expreso, pero é que comparto a disposición legal nipona que impide que ós alumnos sexan formados relixiosamente nas aulas antes de cumpriren os quince anos. Chegados a tal idade, deciden eles mesmos se queren recibir formación relixiosa ou non. Se a maioría de idade en determinadas cuestións se establece a partires do primeiro día no que se cumpren os dezaséis anos e a partires dos dezaoito podes influir na elección do governo, non deberá sorprender a ninguén que un ser humano con tal capacidade disquisitiva poida decidir a relixión que non quere estudiar ou aquela outra da que ha elexir ter maior coñecemento.
E mentres, nós, por eiquí, poñendo en mans dun grupo de pais tal tipo de cuestións que, noutras comunidades viciñas da súa propia confesión, non terían, nin moito menos, tal tipo de tratamento. Sen embargo o problema non está aí, está na oportunidade do ensino relixioso e na conveniencia de un fato de intransixentes decidan o salario dun traballador dispondo dos cartos que son de todos e eles non deberían estár chamados a administrar.
ac@elcorreogallego.es

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado