Martes 16.03.2010  | Actualizado 19.45      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOSÉ MANUEL SARILLE

pan e coitelo

Oposición mitolóxica

15.01.2008

3.2/5 [26 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Un compañeiro meu explicoume como vía el a situación política española. Confesoume que cando Fraga Iribarne se presentara por primeira vez ás eleccións galegas, el votárao. Díxomo para que vise que non é un home dogmático en nada e para facerme comprender por que é necesario parar á dereita nas próximas eleccións. Está espantado coa política do PP, unha política baseada na mitoloxía, segundo o seu criterio. Explicoumo e coincido.

Os populares esqueceron durante estes catro anos os problemas reais e fabularon unha fin do mundo da nación española. Se os navarros esixían un referendo para crear a unión con Euskadi, tal como admite a Constitución e a lei foral, estabamos ante a disolución de España. En caso de negociar o goberno con ETA, tamén. Se os cataláns aprobaban o estatuto, igual. O mito da unidade da patria a todo vapor. E ao revés. Se o goberno non se sometía á hexemonía dos Estados Unidos, España convertíase nun país débil, o cal é un curioso paradoxo á hora de analizar a soberanía e a fortaleza que eles tanto din que arelan. A familia disólvese, os crimes do aborto e os matrimonios homosexuais acaban coa moralidade e por tanto a España católica destrúese. E entón desenfundan o outro mito, o da España gardiana das esencias morais.

Estas ladaíñas van metidas a pao seco, sen acompañante ningún, sen poñer os pés na terra, sen falar de resolver os problemas da sociedade. Só a evocación das esencias nacionais.

O problema de facer oposición mitolóxica é que non hai resposta. Elimínase a posibilidade de usar a razón pública. Se consideran que se aniquila España e que se asasina un neno con cada aborto, a única posibilidade, ante tanta perversidade é só a de usaren a forza. Detrás destes recursos míticos sempre se atopa a forza, e nunca a razón. Sen querer comparar o incomparábel, o outro día lin que até 1924, Mussolini declaraba que o fascismo baseábase na razón.. Despois non foi así. O meu compañeiro desexa que haxa outra dereita, que se funde no pacto social e para iso cre que necesita unha verdadeira travesía do deserto e está disposto a votar para que esa peregrinación se produza.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS