Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

{OS OUTROS DíAS}

Pacto non houbo, non

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [8 Voto/s]

14
Comparte en Tuenti

AGORA RESULTA que mesmo houbo un pacto. Dío Xosé Ramón Barreiro nunhas declaracións telefónicas a Óscar Iglesias: ''O pacto existiu, iso foi evidente, anque non estea escrito. Algúns dos seus interlocutores foron Ramón Piñeiro e Agustín Sixto Seco". Non serei eu quen llo discuta a X.R. Barreiro, historiador rigoroso e serio coma poucos temos, pois tampouco non se vaian crer que hai moitos. Pero podo repetir, unha vez máis e van alá non sei cántas nos últimos vinte anos -non sen que se me fixera moito caso, que non se me fixo ningún, pero sí tendo que escoitar algunhas cousas; de todo, menos bonito, se me chamou ó longo desas dúas décadas por falar destas cousas- que o que sucedeu foi que MFI "seduceu" a Ramón Piñeiro.

"Este home vén facer cousas por Galicia, avéuse a algunhas das nosas ideas e debemos aproveitar a súa actitude pra poder levalas adiante. Non nos podemos enfrontar a el; ben polo contrario temos que apoialo". Máis ou menos iso foi o que me dixo a mín Piñeiro, se non me equivoco moito, mesmo antes de que eu cesara como conselleiro de Cultura. Daquela, Piñeiro, a instancias de Sixto, ceara xa con Fraga en tres oportunidades. Pero non creo que Piñeiro se comprometera, nin de palabra, nin moito menos por escrito, en axudar a MFI. Piñeiro non quería apoiar a Fraga, quería aproveitar pra Galicia a inercia do movemento que MFI ía suscitar coas súas propostas de administración única e de reforma do Senado vendo de reconvertilo nunha cámara na que o territorio, o feito diferencial se así o prefiren, compensase o peso que a demografía e con ela o peso electoral e representativo nos restaban a algúns territorios, digámolo así, algo excéntricos de máis.

Esas propostas completábanse con outras; por exemplo, a da ampliación a catorce millas náuticas das augas territoriais galegas. A máis dun ignorante isto pareceulle unha trapallada, pero de ter responsabilidades, de ter competencia ata esa distancia fóra de puntas, fóra dos bicaños máis extremos das nosas rías, teríase axudado non pouco a evitar catástrofes como a do Prestige. Esas propostas foron abortadas no Parlamento Galego ó non seren apoiadas por todos os grupos. Morreron alí, aquel mesmo día. Leváronse outras; por exemplo, que os rapaces, no exame de acceso á universidade, poideran escribir o galego en tres normativas ortográficas diferentes. Esa abortéina eu. Foi cando Beiras veu ó meu escano e, con gran teatralidade, puxo enriba do meu pupitre unha moeda de vinte pesos. ¡País!

Tornado algo ó rego, o que si me consta, porque il asi mo dixo, é que esa axuda reclamóunola a Casares, a Paco del Riego, a Tosar e máis a mín. A Sixto non facía falla, prestáballa il de bo grao. Foi iniciativa del que se sentaran á mesa de MFI no Vilas nove intelectuais galeguistas dos consideirados vellos e representativos e que os máis deles saíran encantados. Foi Sixto quen me "liou" a mín prá viaxe a Cuba... E por aí seguido, pero pacto tácito ou explícito non o houbo. Houbo unha actitude de compromiso, non con MFI senón co país.

Escritor, Premio Nadal e Nacional de Literatura

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS