Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO DA REAL ACADEMIA GALEGA

No pasar dos días

A parábola de Tolstoi

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [9 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Hai un conto do escritor ruso León Tolstoi que me vén ao pensamento cando lembro os repetidos casos dos serios errores que se teñen producido na gobernación do país como consecuencia da ignorancia administrativa dos políticos alleos ao sistema da xestión pública e, o que é peor, que seguen a producírense en distintos despachos de altos cargos públicos. Non se entende ben como un xefe do executivo autonómico ou quen desempeña o indefinido cargo dunha virtual vicepresidencia, e aínda os titulares de determinadas consellarías, adoitan improvisar equipos dirixidos por persoas con notorio descoñecemento da Administración pública, e crear ademais gabinetes nos que unha numerosa grea de asesores foráneos compiten na súa incompetencia. Comezaba o conto en cuestión relatando que unha vez houbo un rei (ou poñamos hoxe, por exemplo, algún destacado cargo público) que cavilaba en que se soubera sempre o intre no que é preciso comezar cada obra, con que xentes hai que traballar e con cales non, así como en que se soubera sempre que negocio (planificación) é máis importante, daquela xamais tería contrariedades. Así falaba aquel home responsábel abstraído en adoptar as mellores medidas para un bo goberno. Sen embargo, esas xustas preocupacións parecen terlle importado ou importarlle ben pouco a moitos dos políticos galegos.

Nesta ocasión veume o acordo como consecuencia dun grave asunto en relación coa publicación dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 192) a respecto da provisión dunha praza de Interventor para o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, un novo affaire que ven poñer de manifesto a falla de preparación do persoal 'cualificado' que arrodea ao Vicepresidente da Igualdade e do Benestar, que non Vicepresidente da Xunta de Galicia. Quintana non para de apagar lumes entre o seu persoal de 'confianza'. Despois do tremendo erro na escolla da denominación da Vicepresidencia e do escándalo dos rótulos protagonizado entre o anterior Secretario Xeral e un subdirector da Consellaría de Presidencia -no que tiña toda a razón o pobre subdirector- asistimos a outro erro imperdoábel, por parte do actual Secretario Xeral da Vicepresidencia, que consinte que Anxo Quintana apareza, nada menos, que asinando o anuncio para a provisión dun posto de Interventor -como pode verse na páxina web, sección Anuncios- do citado Consorcio.

Calquera funcionario de rango superior, que se teña tomado a súa carreira en serio, sabe que de ningunha maneira ten competencias para poder asumir esta determinación, pois que a función de control orzamentario e a función fiscalizadora das contas públicas son competencia exclusiva da Intervención Xeral da Xunta de Galicia que, como tal, propón o nomeamento ao conselleiro de Economía dos chamados Interventores Delegados, ou asigna a Interventores dependentes que son os encargados de fiscalizar o gasto nas distintas consellarías e organismos con carácter público polo seu financiamento. Polo tanto, o control interno do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar só compete á Intervención Xeral da Xunta de Galicia.

¿Como é posíbel que outro Secretario Xeral cometa erros deste calibre? ¿que caste de persoal administrativo arrodea a Anxo Quintana? Con estes resultados, digamos de xeito amábel que quizais tería sido máis oportuno que para esa crucial Secretaría fose designando aos seus mellores inimigos persoais. Seguro que sería máis acertado e menos lesivo politicamente.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS