Lunes 08.03.2010
Hemeroteca web
|
RSS
Os ditadores -máis aínda se cabe os de tendencia comunista- caracterízanse por arroutadas que poderiamos aceptar como simpáticas, se no fose pola morte e penurias que desencadearon para os seus súbditos. O título deste artigo, por exemplo, non é unha broma de verán senón unha xogada de pillabán do norcoreano Kim Il Sung a propósito dunha estúpida ocorrencia de Mao.
Tal e como contan no seu libro sobre Mao Jung Chang e Jon Hallidady, resulta que, obsesionado o Gran Temoneiro polas pragas de ratas, mosquitos e moscas, decidiu que, para manter a comida a salvo, tamén sería bo acabar cos gorrións. Para iso deulle orde á poboación de que axitaran paus e vasoiras organizando un grande estrondo, de xeito que a fatiga fixera caer os paxariños ó chan e a multitude os capturase acabando con eles. Como a idea lle _pareceu propia de xenio, Mao quixo exportala ó seu compañeiro de "servizo ó pobo", polo que o invitou a que tomase idéntica medida. Kim Il Sung, neste aso máis zorro, optou por dar nome ampuloso á arroutada (o plan trienal) pero permaneceu á espera de como lle ía a empresa ó camarada chinés.
Unha desfeita. A conveniencia de eliminalos non resultaba tan positiva como ó líder lle parecera, porque os gorrións, a parte de comer o grao, servían para evitar outra moitas pragas, ademais de que na matanza de gorrións morrían outros moitos paxaros. Comezaron a proliferar outras pragas de insectos e o bo de Mao veuse obrigado, despois da persecución, a pedir que lle enviasen gorrións. Os científicos levaron as mans á cabeza polo prexuízo ecolóxico que tal medida estaba custando e Mao non tivo máis remedio que recoñecer o seu erro e, en segredo, solicitalle á embaixada soviética que lle enviasen o antes posible 200.000 gorrións. O dirixente norcoreano, á espera do que acontecía en China, non tomara medida algunha dentro do seu plan trienal e librouse de ter que solicitar outros miles ás autoridades soviéticas.
Como as condutas dos ditadores deixan por desgraza a impronta nos seus pobos, agardamos que neste días de protagonismo olímpico, tan necesitados os chineses de ideas enxeñosas para acabar coa polución e vender Pequín como imaxe de país, non se lle veñen á cabeza ocorrencias do estilo do líder que durante anos os somete . E no caso de que algunha os tente, mellor que a pospoñan por trienios ou quinquenios, de xeito que a experiencia confirme se son medidas eficaces ou simples arroutadas.

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico