Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR E PROFESOR DE INSTITUTO

con mil amores

Profesión conservadora

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [5 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

Unha parte da culpa tivémola nós. Non toda. O orballo que vai calando nos comportamentos de todos a través dos medios de comunicación, das leis económicas e dos modelos de pensamento imperante, contribúen á situación na que nos movemos. Pero, unha proporción causal de que o mundo de ensino se atope así, témola os propios ensinantes.

Nós fomos os que, baixo o peso da culpa polos peores anos de autoritarismo e falta de diálogo padecidos, quixemos achegarnos ó aprendiz como un ser sen responsabilidade, nin temperamento, nin capacidades dentro dun límite, nin obrigas. Nós fomos os que, cun exceso de paternalismo, inxenuidade e aceptación á primeira de canta idea falsamente revestida de progresista nos chegaba, nos entregamos con entusiasmo a experimentar con métodos débiles e pouco testados. Nós fomos os que, por mor dunha pouco madurada idea de compañeirismo, amizade e achegamento ó alumnos, nos convertemos nuns colegas patéticos, incribles, ridículos. Os profesores, tamén, sen caer agora nunha culpa enfermiza, habemos de recoñecer que desviamos a xerarquía dos obxectivos, trasladamos ó primeiro plano tarefas que nunca deberan pasar de secundarias e aceptamos por comodidade disimulada un exceso de quietude e inmobilismo. Por unha mediocre tranquilidade cedemos a dubidosos experimentos pedagóxicos, recuamos diante de reclamacións ben fundamentadas, abdicamos do noso papel esencial nas decisións educativas.

Evidente. A culpa non é toda nosa, ni se cadra unha gran parte, pero si é certo que, confundidos, illámonos na falsa seguranza do individualismo, na desconfianza de todo traballo colaborador, na confortable fuxida da crítica e esixencia dos outros. Levados da man dunhas directrices erráticas, desesperantes ás veces -certo-, abandonámonos no negativismo, na escusa de que a culpa vén de fóra, de que na concentración das contradicións ás que se presta o ensino, non somos máis ca unhas pezas pouco valoradas e caducas. Se cadra, neste exercicio conservador da profesión, o que tratamos é de ocultar o que nos custa recoñecer: que educar é fundamentalmente unha actividade conservadora, algo que leva implícita a coerción, a imposición, e que, nese rebelde rexeite adolescente, nos comportamos cun afán falsamente progresista, ineficaz, destinado á frustración. Talvez o primeiro exercicio de calquera educador fose entender que, por máis que se ensine a ser críticos e creativos, educar é, tamén e en gran medida, unha profesión esencialmente conservadora.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS