Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOSÉ NEIRA VILAS ESCRITOR

Os recordos de Herminio

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Coñecín a Herminio Barreiro na Habana en 1971. Chegara alí porque un traballo seu fora premiado en Radio Habana Cuba. Con el camiñei a cidade, presenteille amigos, falamos da situación de Galicia, e tivemos un encontro con Manuel Carnero, director do quincenario España Republicana. Amistamos deseguida. El voltou a Madrid, onde residía daquela (máis tarde trasladaríase a Compostela). Mantivemos correspondencia, viamonos en cada viaxe nosa a Galicia, e seguímonos vendo dende que nos radicamos aquí. Ata fomos con el a Sisán, onde viven seus pais, hoxe centenarios, que tamén se dedicaron ó ensino. Herminio vén de publicar (Edicións Xerais) Recordar doe, un libro no que verte as súas 'lembranzas escolares e universitarias', de 1940 a 1965. "Cando falo de min, falo tamén dos demais", dixo o poeta José Hierro, e o noso amigo, nesta ilustrativa crónica persoal vainos contando a súa peripecia, con nomes de xentes e lugares, naquel ambiente de escurantismo e hostilidade que se padecía neses anos. Seino ben: unha década antes pasei polo mesmo na escola primaria. Doe recordar, é certo, cando hai malos recordos, pero é necesario facelo. Herminio sábeo, ainda lle doia, entréganos estas lembranzas que van das primeiras letras á licenciatura universitaria. A súa traxectoria é a de moitos dos seus coetáneos, que se recoñecerán nestas páxinas. Pero non só fala dos estudos. Fálanos tamén de resistencia, protestas, militancia política de esquerda, actividades do grupo Brais Pinto, de Madrid. Todo o ir e vir dun mozo inquedo, rebelde, comprometido.

Estas memorias son útiles para os do seu tempo, aleccionadoras para os máis novos, e dinos moito ós que pasamos tempo na diáspora. Son noticias que "saben como pan fresquiño", di Lupe Gómez. É o pan de sabencia e da lucidez ideolóxica. O amor ó país onde naceu o narrador e dende o que proxecta a súa solidariedade.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS