Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Na década dos anos oitenta, o entón líder da leal oposición, Manuel Fraga Iribarne, popularizou unha expresión coa que atacaba aos seus adversarios socialistas. Por aquela época, o político chairego dicía que os socialistas só acertaban cando rectificaban, pero aínda que estes últimos recoñecesen os seus erros, Fraga non dicía que eran sabios, malia que o político conservador fora duramente vapuleado por Felipe González. Agora un dos erros máis clamorosos na política social galega vén de ser corrixido, polo que cumpre felicitar do xeito máis cordial a conselleira de Benestar, Beatriz Mato. Coido que nesta situación que acabamos de atravesar felizmente houbo moito de remordemento de conciencia, xa que actual titular dos servizos sociais galegos procede da reconversión industrial vasca dos oitenta, que ela sufriu en carne propia, aspecto este que a honra tanto a nivel humano coma persoal, pero moi especialmente aos seus proxenitores, dous galegos, que coma moitos, fuxiron dunha Galicia pobre e esquecida.
Independentemente dos casos particulares, o certo é que os famosos 218 euros concedidos polo departamento que antes tutelaba Anxo Quintana eran unha esmola e coido que tiñan a intención de ir a máis, polo que non estaría demáis axudar con outras achegas a eses máis de cinco mil galegos que son os desherdados do mundo, é dicir os máis pobres e con poucas posibilidades de abandonar ese estatus social ao que foron condenados.
Aínda que a rectificación é boa, no futuro próximo débense evitar situacións como a que acabamos de vivir, xa calquer apoio para a xente que nunca é festa sempre será positivo. Esgrimirán peregrinos argumentos que estamos acostumados a escoitar: non hai orzamento, o ano que vén se cadra se poñen mellor as cousas? e así un rosario de excusas sen xustificación.
Ao igual que se rectificou cos 218 euros, hai moitos aspectos da política galega que se poden encauzar por outro camiño. Entre eles a tan traída e levada política lingüística que levou cartos para uunha inútil enquisa cos que se podería abonar ese complemento. E como non, buscarlle unha nova finalidade ás instalacións da Cidade da Cultura, e porque non rebaixar os pluses dos altos cargos e as cuantiosas dietas que cobran os políticos en tan só un dez por cento, que nos darían unhas cantidades moi xugosas. Non é que sobren os cartos. O quid da cuestión está en como teñen que administrarse.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado