Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

HELENA VILLAR JANEIRO ESCRITORA

notas de actualidade

Relixión e laicidade

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [11 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

A Asociación Encrucillada ten programado para o día 27 de outubro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o XXII Foro Relixión e Cultura sobre o tema "Relixión e Laicidade". A xornada dedícana "á memoria de Monseñor Araúxo, pastor co seu pobo".

Presentado por Carme Yebra Rovira, profesora na Universidade de Comillas, repasarase o tema desde tres ópticas. A política, por Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor de Ciencia Política na USC. A filosofía, por José Antonio Marina, catedrático emérito de Filosofía. E a teoloxía, por Javier Vitoria Comerzana, profesor de Teoloxía en Deusto. As intervencións serán seguidas de coloquio e acabará nunha celebración.

Di Luis Lezama, o cura que apostou polos pobres ao mesmo tempo que lles daba de comer aos ricos nos seus restaurantes de máxima calidade e altos prezos, que na Igrexa española coexisten diferentes sensibilidades. Aquí hai unha igrexa galega, que tamén é universal, representada por varios colectivos, entre eles o convocante deste Foro. É unha corrente que se identifica co país e a súa cultura e escolleu o diálogo fronte ao conflito. Estes crentes analizan os temas sociais para ver de compatibilizalos coa fe na unidade vital que é a persoa. O programa de invitación trae dous textos que marcan o camiño para o intercambio de ideas.

"As relixións son verdades privadas, cuxa corroboración interesa ao suxeito que as está a manter e que no ámbito da acción pública, por exemplo, no comportamento, teñen que se someter ás verdades éticas. Cousa que, por outra parte, xa fixeron ou levan camiño de facer. Non poden, por tanto, imporse pola forza, mais tampouco poden ser erradicadas pola forza, en tanto permanezan no ámbito íntimo e as súas consecuencias non prexudiquen a ninguén (José Antonio Marina, Dictamen sobre Dios, Anagrama, 2004)

Católicos e laicistas temos, nalgunhas cousas, diferentes puntos de vista. O noso desexo é ir encontrando pouco a pouco o ordenamento xusto para que todos poidamos vivir de acordo coas nosas conviccións, sen que ninguén pretenda impór a ninguén os seus puntos de vista por procedementos desleais e inxustos (...) sen privilexios nin discriminacións de ningunha clase (Conferencia Episcopal Española, da instrución pastoral Orientaciones morales ante la situación actual de España, 23-11-2006)

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS