Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOSÉ NEIRA VILAS

arredor do mundo

Robinson Crusoe

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

Na biblioteca pública do Centro Cultural de Gres atopeime cun rapaz que viña de ler Robinson Crusoe, a célebre novela do inglés Daniel Defoe. Estaba entusiasmado. Este relato, con trescentos anos ás costas, segue sumando lectores. Vino moi metido na aventura daquel personaxe senlleiro e conteille de onde arrincara o autor tal historia. Díxenlle, como é certo, que o protagonista real, de carne e óso, chamábase Alexander Selkirk, fillo dun zapateiro; un túzaro, un buscabullas, incorrixible na casa e temido na escola que frecuentaba unha taberna do seu pobo para escoitar as historias dos homes que chegaban do mar.

Un día dixo que quería navegar. E seu pai sentenciou: "Serás zapateiro coma todos nós; nesta familia nunca houbo un pirata". Pero cando tiña dezaoito anos fuxiu da casa e enrolouse nun bergantín que ía a Xamaica. Entre Cuba e Haití o barco é atacado por uns filibusteiros. Alexander está ferido. O capitán véndello a un bucaneiro da illa de Tortugas. Pasa tres anos cazando vacas salvaxes para o amo. Cando queda libre dedícase a cazar para si. Volve ó mar e convértese nun temible pirata. As autoridades españolas póñenlle prezo á súa cabeza.

Retorna a Escocia onde o contratan como xefe da galera Os cinco portos que se dirixe ós mares do sur. Está ás ordes dun tenente de apelido Stradlin. Lévanse mal. E cando a embarcación arriba á illa deserta de Juan Fernández, Selkirk decide quedarse alí. Bota de conta que non tardará en chegar algún navío para abastecerse de auga. Tardou catro anos. Mentres, vaie embrutecendo. Xa non le a Biblia. Vive coma un salvaxe. Perde o uso da fala. Ata que arriba á illa o balandro Le Duc. Os mariñeiros ven lume. Achéganse e voltan con aquel ser cuberto de peles.

Hai dous breves relatos sobre esta aventura, un deles escrito polo capitán do balandro. Logo, o de Defoe, que tratou en Bristol a aquel "borracho silandeiro" chamado Selkirk.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS