Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS

ESTE lema, que parece o eslógan dunha manifestación contra os recortes que ameazan os nosos servizos públicos polos efectos da crise, é o que escolleu a ONGD Mans Unidas para a súa campaña número 53 centrada no sexto Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio: reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, e combater o VIH/sida, o paludismo e outras enfermidades que, nun sector do mundo empobrecido, son endémicas ou atacan a poboación con máis virulencia.
Os grandes males da saúde que acabo de citar non son os únicos que planean riba da xeografía desherdada e expoliada polos ricos, pois na pobreza masiva cébanse outras enfermidades contaxiosas das que a comunidade internacional se esquece ao non as considerar propias. Tampouco non se preocupan por elas nin os gobernos nin as industrias farmacéuticas, porque loitar contra estes males non é rendible. Na realidade, os cartos son quen mandan e quen gobernan o planeta. E nin sequera o éxito da loita contra as enfermidades da grande maioría silenciosa do mundo está asegurado porque a desnutrición, a miseria e a inslubridade se alían con elas para as faceren máis fortes e imbatibles.
"A saúde, un dereito. ¡Actúa!" tenta sensibilizarnos aos que vivimos mellor para que sexamos conscientes da realidade sanitaria dos países en vías de desenvolvemento. É unha apelación coa que Mans Unidas quere solicitar o noso apoio económico para axudar a resolver este gravísimo problema actuando de forma directa e indirecta, a través de proxectos de mellora da vida dos pobos do Sur asentados en África, América, Asia e Oceanía.
Non está ben a nosa economía, pero as cifras que neses países se manexan non teñen que ver co noso gasto sanitario. O tratamento anual para un meniño con sida custa 60 euros e a medicación contra a malaria, menos de 1. Un tratamento para a tuberculose sae por 20 e curar a unha persoa da lepra, 54.
Mans Unidas apoia e acompaña proxectos de desenvolvemento sanitario baseados nunha visión integral da promoción da saúde, que é un dereito universal tamén para os pobres do planeta que non poden deixar a preocupación sanitaria aos médicos e aos hospitais dos que carecen. A nosa solidariedade debe contribuír a que non haxa enfermidades de ricos e enfermidades de pobres, que son os que viven en auténtica e permante crise económica.
Escritora

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado