Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

HELENA VILLAR JANEIRO

notas de actualidade

A segunda viaxe do Camilo

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.5/5 [8 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

Aos catro anos de suscribiren a Fundación Rosalía de Castro e a Câmara Municipal de Vila Nova de Famalicão (Casa de Camilo-Museu. Centro de Estudos) un acordo de colaboración e de teren celebrado na Casa de Rosalía o Día Mundial da Poesía, o Camilo fixo unha segunda viaxe a Galicia este 16 de marzo, no seu 185 aniversario. Viña interpretado por Reinaldo Ferreira, que narrou para os 90 alumnos e alumnas da Universidade Senior da cidade, a primera chegada a Galicia en viaxe mariña cun temporal que os desviara a Vigo.

A primeira celebración foi do soneto, en homenaxe á vila na que se editou, entre 1929 e 1933, a revista O soneto neolatino, que publicou 192 en linguas románicas, entre eles nove de Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño e Antón Noriega Varela. Na segunda, ademais da actuación do Camilo, houbo un recital de poemas en ambas linguas e o coro da institución fíxolle a Rosalía ofrenda dunha selección do cancioneiro popular. Esta irmandade abarcará dentro de pouco as Casas-Museo doutros dous grandes da literatura europea: Charles Dickens (Londres) e Victor Hugo (París). Rosalía, como Camilo, foron narradores dun mundo que podemos recoñecer aínda para nos mergullarmos na súa esencia e percibir as súas emocións, as súas alegrías -poucas- e as súas tristezas -moitas-. Mais, se Camilo destaca na súa obra como gran narrador, Rosalía sobresae no mundo literario como poeta. Cantares gallegos (1863) é a obra auroral da literatura galega contemporánea, feita apoloxía e antídodo contra o veleno da falta de estima propia e allea que Galicia tiña no seu tempo. Follas Novas (1880) é, a dicir de moitos estudosos, a obra cume da poesía rosaliana. En las orillas del Sar (1884), que pode considerarse a continuación e desenvolvemento da parte lírica de Follas Novas, é unha obra mestra da poesía en castelán do século XIX.

Rosalía de Castro e Camilo Castelo Branco, irmáns no sentimendo da dor creativa, soberanos escritores nas súas linguas, encarnacións do mellor dos seus respectivos pobos e venerados por eles, déronse simbolicamente a man para celebraren connosco un fraternal encontro encontro literario no nacemento da primavera. A Fundación Rosalía de Castro celebrará outro acto no marco do Día Mundial da Poesía/ World Poetry Day, de carácter público, o día 23 de marzo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS