Lunes 08.03.2010
Hemeroteca web
|
RSS
A última viaxe que fixeron a Italia tráelles moi bos recordos. Era seguro que lles encantarían os monumentos que inzan as cidades e mesmo as pequenas vilas. E se han dicir verdade, esa foi a razón principal que os determinara a pasar uns días nese país mediaterráneo. Cando un sae da súa terra para facer turismo agradece moito comer ben e nese sentido tiveron moita sorte porque sen levar nada preparado, a poder de preguntarlle á xente, descubriron restaurantes bastante axeitados de prezo e dunha cualidade excelente. Apreciaron as pizzas feitas en fornos tradicionais, a pasta e o arroz. Pero se a arte e a gastronomía supuxeron unha sorpresa relativa, o que máis os impresionou foi o carácter da xente coa que tiveron a sorte de tratar. Recordan con gusto a cea nun pequeno restaurante dunha calella afastada do barullo no centro de Padua. Atendeunos e aconsellounos un home xa entrado en anos que os agasallou cun risoto delicioso mentres a cociñeira preparaba as pastas. Cansan de dicir que aquela cea naquel sitio humilde era digna dun palacio. Ao marcharen felicitáronos vivamente. O home, coa emoción nos ollos, agradeceulles os parabéns: "Son moi sensible aos cumprimentos".

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico