Domingo 21.03.2010  | Actualizado 21.17      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

SARA BARREIRO

episodios nacionais

Televisión á italiana

14.09.2006

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Tras unha experiencia erasmus en Italia, volvín á casa abraiada e cabreada coas televisións de Berlusconi. Nos estudios traballan, sen dúbida algunha, máis mulleres modelos que cámaras, directores, estilistas, realizadores e actores, todos xuntos. Nunca souben se de verdade sabían falar, porque xamais escoitei a voz de ningunha, só alternaban bailes con sorrisos, e tiñan un espazo de luxo reservado enriba da mesa do presentador. Eu contáballes ós italianos que aquilo era unha grandísima ofensa para a muller, que nós xa deramos un paso adiante na igualdade e na desaparición do trato discriminatorio, e bla bla bla...

E cal é a miña sorpresa, cando un par de anos máis tarde o programa de fútbol de Cuatro cambia o seu formato, suponse que porque o outro non lle ía de todo ben. A novidade: catro rapazas bailando enriba dunha mesa coma se estiveran a competir con Carmen Martínez Bordiú en Mira quien baila. E como colmo de males, unha nova reporteira que asegura chegar a Maracaná 06 para defender os dereitos das mulleres ás que nos gusta o deporte. Pois que empece polo máis tópico: esixe un bailarín.

Non estou ofendida nin nada semellante, pero a verdade... quedei parva.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS