Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

MIGUEL SUÁREZ ABEL

con mil amores

Tratamento de urxencia polo oído

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Aquela madrugada, cando soou o teléfono dicindo que xa estaba en urxencias, vestinme automaticamente e de igual modo conducín ata o hospital. A pesar de hora, o corredor estaba acugulado de doentes: a enfermidade non elixe hora para se manifestar, ou si, e gústalle a noite e a madrugada. Había enfermos de tódalas idades, pero predominaban os vellos. Uns respiraban mal, outros a penas abrían os ollos, algúns laiábanse, debía de ser moita a dor. Un auxiliar conduciume onda o meu ser querido. Era dos que permanecían cos ollos pechados, non se queixaba, parecía ausente. Aínda así saudou. Intentou un aceno de complicidade. Outra vez pechou os ollos. ¿Atendéronte?, pregunteille. Aínda non, non hai présa, dixo en baixo resignado, o de sempre, xa se sabe.

Quen o acompañaba describiu con detalle a crise, a petición de auxilio, o traslado, o recibimento, a espera. Os protocolos foran os de veces anteriores: tomar tensión, realizar análises, preguntar sobre a medicación que se toma, indagar da maneira máis minuciosa no relato do acontecido. Despois marchan os profesionais e familiar e enfermo permanecen á espera. Sempre inquietante. Sempre máis longa do que se desexa. Parece coma se os médicos escaparan con todo o que se lles contou, con tódalas probas, e se esquecesen de que o enfermo que queremos está alí, pendente. Se o enfermo non se laia, a espera sopórtase mellor, se hai queixa, a ansiedade soe apoderarse do acompañante. Como neste caso moneaba cos ollos pechados, os que agardabamos levámolo mellor. Aínda así, o médico tardaba. Por fin apareceu un rapaz noviño, con acento sudamericano, que nos fixo algunha pregunta que non parecera quedar de todo clara na primeira entrevista realizada por outro colega . Notei no outro acompañante e no enfermo certa decepción, como pensando: outra vez preguntas, para cando algunha resposta, algún prognóstico, algún tratamento. Mais nesto, o doutor achegouse ó enfermo, cóllelle a man, sentouse ó seu carón, falou amodo e ben cerca da súa orella un anaquiño. Non sei ben que lle dixo, pero cando o médico se despediu, ó enfermo mudoulle a cara, abriu os ollos, mirou con outra esperanza. Entón foi cando entendín plenamente a pregunta que un experimentado doutor lle fai ós seus alumnos na novela de Abaham Verghese Hijos del ancho mundo: ¿Cal é o tratamento que se administra polo oído nunha urxencia? A maioría dos alumnos, desconcertados, non saben a resposta: palabras de consolo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS