El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

JOAN RIBOT

Un pouco de maxia

14.07.2018 
A- A+

OS responsables dunha empresa de eventos, nun programa da BBC, contaron que contratar a alguén para facer de Santa Claus é un traballo bastante complicado. Por que?: porque para os miles de nenos que esperan estar un momento con el durante o Nadal, ese momento é máxico. O candidato debe ser simpático, facer o seu característico jaah, jaah jaah ben e sorrir sempre, sen fallar unha soa vez. Por isto é tan difícil seleccionar o candidato ideal.

Bernad Shaw dicía que non deixamos de xogar porque envellecemos; envellecemos porque deixamos de xogar. Será por que xogar ten moito de maxia? Cando deixamos de xogar, comezamos a perder unha parte esencial da nosa infancia. Quen non recorda unha excursión polo bosque, preto de casa, coa sensación de que en calquera momento podería aparecer un leopardo ou un león? Aquilo era todo unha aventura, máxica de principio a fin.

Se en vez de mirar cara atrás, facémolo cara a adiante, pasa ao mesmo. As ilusións, os soños, as metas e os proxectos tamén son maxia, aínda que non se cumpran; pois loitar por conseguir algo rexuvenece. Xa se trate de prepararse para un traballo, desenvolver unha afección ou defender a parte máis débil dunha inxustiza. Igual que o aburrimento e a desidia quitan forzas, a maxia da ás.

Contar historias tamén é maxia. Como ler un libro no que desexamos saber que vai pasar nas seguintes páxinas, ou ver unha boa película.

Escoitar a quen ten está contar algo sen interromperlle, tamén é maxia. Igual que sorprender a alguén con algo que lle alegra ou emociona, polo que representa de ter pensado nel.

Aínda que non nos deamos conta, hai maxia en case todos os sitios por onde pasamos. As veces non nos decatamos da maxia dun sorriso, dun detalle, dun traballo ben feito, dunha axuda, dun coidado... O outro día un rapaz que se danou coa bicicleta, despois de recibir as apertas e os bicos da súa nai, esqueceuse do sucedido nun segundo. Non é iso maxia?

Tomas Moro, facendo gala do característico humor británico, dicía: os que saben distinguir unha montaña dunha pedra pequeniña son felices, porque evitan moitos inconvenientes; igual que os que saben rirse de si mesmos, porque nunca terminarán de divertirse. É iso que non coñeceu o Pórtico da Gloria, que coa súa luz e a súa policromía volve a ser maxia en estado en puro.

Técnico da Seguridade Social