Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE ESCRITOR, PREMIO NADAL Y NACIONAL DE LITERATURA

os outros días

Unha biografía con alma de Valle

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [10 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Estiven vendo unha biografía de Valle-Inclán feita prá TVE por Ángel Peláez. Ángel, coma mín, medrou en Pontevedra; é dicir, de neno ía xogar ás Palmeiras, coñecidas tamén como Xardíns de Vicenti, no medio das que se asentaba un monolito no que se recollía o coñecido soneto de Rubén Darío que comeza así; "Este gran Don Ramón de las barbas de chivo /cuya persona es la flor de su figura/ parece un viejo dios, altanero y esquivo, que se animase en la frialdad de su escultura".

A min tal "escultura" desacougabame moito. Eu era moi neno e pra mín todos os monumentos tiñan que ter enriba deles unha figura humana, de xeito que non lle encontraba explicación a ausencia da procedente enriba daquel bloque de pedra sobre o que, en letras bermellonas, estaba insculpido o poema que comeza como se acaba de transcribir. Ata que un día crín descobrir o que pasara. Valle era un deus e como era un deus se animara e collera vía; é dicir, que tan fria era a pedra que acordara marchar na busca dun clima de mellor temperatura. Máis adiante, cando xa puiden saber da súa vera efixie, atribuiríalle os botíns cos que cubría os seus zapatos a ese pétreo e desanxealdo frío pontevedrés. Tardaría en averiguar que eran debidos á súa imposiblidade de atar os cordóns dos zapatos coa única man de que dispuña, logo do accidente que o deixou toco, e que pra que non se lle visen desabrochados era polo que os ocultaba co que pra mín sempre fora un sinal máis do seu dandismo elitista, que tamén.

Non sei se a Ángel Peláez lle afectou como a mín o monolito que se cita e tivo de Valle-Inclán a divinizada imaxe que a mín me imprimeu Rubén Darío dende tan temprana idade. Pero si sei que soubo animalo, soubo darlle alma na biografía que fixo pra ser emitida por televisión e que, logo de tanto anos, por fin conquerín ver.

Como Pontevedra é un lugar que abeira o disparate a efectos do tráfico rodado -parece que a súa regulación está feita pra disuadir ó visitante de que bote pé a terra nela- non aseguro que me atreva a me achegar ata alí e intente visitar ás Palmeiras por ver se segue no seu lugar descanso o monolito. Tamén é certo que agora mesmo podería coller o teléfono e preguntarlle a alguén coñecido. Pero non me atrevo. Igual xa non. O mesmo o retiraron dalí como fixeron con tantas outras cousas que contextualizaron aquel espazo ameno que foi durante a miña nenez e logo durante a da xente da idade de Ángel Peláez, algo máis novo ca mín, pero tampouco non vaian crer que demaseado.

ac@alfredoconde.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS