Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR E PROFESOR DE INSTITUTO

con mil amores

Unha noite en urxencias

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [9 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Unha noite non é nada, coma no caso da muiñada, e supoño que unha semaniña enteira tampouco daría para explicar a complexidade da organización sanitaria e menos aínda para afondar na grandeza e miseria dos humanos. Pero só por mera observación, un decátase durante a noite que gran parte dos doentes que chegan a urxencias non merecerían tal nome, ou alomenos o que eu entendo por iso. Abundan, signo destes tempos de sociedade envellecida, persoas de idade avanzada, pero non todas con patoloxías catalogadas coma urxentes. Dá a impresión de que os centros de atención ambulatoria, só ver o perfil de determinados pacientes, recorre de inmediato a envialos ó servizo de urxencias do centro hospitalario máis importante para curarse en saúde. Tal vez a carencia de medios ou de profesionais ( o máis probable dos dous) con formación e experiencia adecuadas causa este escaso filtro que fai desembocar nimiedades nos colapsados servizos de urxencias. Por se isto non colapsase suficientemente, nótase que tamén existen pacientes pícaros que utilizan este medio para non agardar tempo de espera. Non o poden disimular. Son expertos no abuso da sanidade pública que, se non o ignoran, son groseiramente irresponsables e desconsiderados co resto dos cidadáns.

Canto ás grandezas e miserias dos humanos, a noite dá para pensar e aprender. A dor maniféstase en laios, saloucos, afrontamentos, desmaios, bágoas, silencios. Mulleres novas que perderon a fala e non lembran o seu nome. Vellos sen alento, apuxados nas últimas por máscaras e tubos. Presos esposados agardando a súa quenda. Drogadictos á busca de algo, dalgunha suBstancia que se poida pillar nun descoido. Paseos de espera impaciente polo resultado que non chega. Médicos residentes con tanta inexperiencia coma boa vontade e achegamento ó enfermo. Enfermeiras curtidas, amables a maioría, instaladas nunha paciencia da que non se pode prescindir traballando co que elas traballan. Sondaxes, agullas, probas, preguntas, historiais, tensión, medo, esperanza. Esperanza de que non sexa o peor, de que o resultado do TAC non diga o que non se desexa, de que o electro confirme que hai folgos para continuar, para non abandonar aínda, porque a vida, a pesar de ser un enfermo que entra en camiña na sala de urxencias chea de cubículos de plexiglás impregnados a ulidos pegañentos, resiste atravesada pola certeza de que, pasadas as peores horas, se cadra ó amencer, seguro que o máis tardar ó día seguinte, recibirá a alta e regresará á casa, ó cotiá.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS