Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 18.05.2013  | Actualizado 00.07 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{a pousada no camiño}

XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Unha política enerxética bananeira

FEIJÓO principiou a súa cativa xestión vulnerando a doutrina Madison, principio xurídico que obriga aos Gobernos a asumir as consecuencias do legalmente acordado polos Gobernos anteriores. Porque a derrogación da adxudicación eólica do 2008 impediu aproveitar as circunstancias existentes para desenvolver a produción eólica adxudicada. As resultas deste despropósito (que nos fixo descer a moi baixos níveis de seguranza xurídica ) agraváronse coa incompetencia da Xunta para levar adiante unha segunda adxudicación eólica. En último de contas, a non execución dos plans industriais asociados privounos de 5000 M€ deinvestimentos perdidos (1800 € /galego) e de milleiros de postos de traballo que contribuirían amortecer non pouco na Galicia a rigorosidade desta terríbel crise.
Mais os Gobernos do Estado agravaron esta política enerxética errática. Os socialistas limitaron as primas para a produción a partires das enerxías renovábeis e o actual Goberno suprimiu as súas primas de produción , mesmo con carácter retroactivo. “The Wall St Journal” ven de dicir que moitas compañías USA limitan a súa actividade produtora de enerxía na España por mór da inseguranza xurídica. Inseguranza que o Presidente de Isolux-Corvian ven de alcumar de “terceiromundista” .
Como publicaba hai días EL CORREO GALLEGO Galicia segue a asumir grandes custos ambientais para lle exportar enerxía a dous millóns de familias españolas e portuguesas, mentres o Goberno do Estado pexa o consumo galego incrementando as nosas facturas co custo dos tributos eólico e hidráulico. Pagamos a enerxía máis cara a pesares de producila ao noso carón. E cando os nosos esforzos pasados facían albiscar un sector galego de enerxías renovábeis industrial e tecnolóxicamente desenvolvido, os sucesivos erros dunha política enerxética lesiva e bananeira destragaron ese proceso.
Mentres a cidadanía deste País non o solucione, seguiremos a sofrir os prexuizos e a non participar dos beneficios.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS