Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 18.06.2013  | Actualizado 09.10 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{no pasar dos días}

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

Vencedores na crise

EVIDÉNCIASE -como non é para menos- unha notabel satisfa-cción e entusiasmo, maiormente por Galicia adiante, á vista dos recentes resultados da participación do atletismo galego nalgunhas especialidades, como o triatlón ou o C1 1.000 nos actuais encontros. Cando estou a escribir este artigo aínda está por coñecerse a marca definitiva que conseguirán Sofía Toro e Támara Echegoyen, as nosas regatistas a vela no Match Race español. Ata agora cómpre dicir que foi espectacular o triunfo dos dous atletas galegos participantes na selección española que toma parte nestes Xogos Olímpicos Londres 2012, pois o triatleta ferrolán Xavier Gómez Noya logrou acadar unha medalla de prata e o veterano canoeiro cangués David Cal é, xa, un grande heroe pentacampeón coas súas cinco medallas olímpicas, que se sitúa á vangarda das persoas máis adestradas e galardoadas que compoñen os competidores das distintas modalidades integradas na selección española.

Por certo que ao me referir a este excepcional curriculum vitae deportivo logrado por David Cal, colmado de éxitos crecentes que aquí na súa terra seguimos con interese e con galega fraternidade, lembro unha censurábel historia ocorrida no transcurso daquela oprobiosa experiencia política na que se converteu o bipartido ao seu paso polo goberno de Galicia. Ten que ver co incualificábel maltrato dispensado daquela, oficialmente, a este sobranceiro recordman, que citei nesta páxina nunha dura crítica a xeito de balance na que dicía que, no relatorio das máis sonadas derrotas alcanzadas pola Consellería de Cultura e Deporte, destacadas sobre de todo na última metade da anterior lexislatura, aparecían nunha primeirísima posición todos os despropósitos realizados na CdaC e a incapacidade para levar adiante o seu destino, pese a unha remunerada intervención de consulta, absolutamente inútil, cun grupo de denominados "sabios" e a un competente informe do Museo do Pobo Galego, entre outros. No CGAC chegouse tamén a bater records, co fiasco administrativo, a dilapidación dos presupostos e a desconexión co Padroado. Todas elas institucións que estaban vencelladas á incompetencia do titular por entón da Dirección Xeral de Cultura e Creación Cultural, da cal o persoal con maior cualificación marchou, ben por vía de concurso ou por propia petición. Sería a este departamento ao que debería os seus meirandes fracasos e, se cadra, a desaparición progresiva da Consellería de Cultura, da que era titular Ánxela Bugallo, do control do BNG.

No medalleiro das plusmarcas políticas dos responsábeis daquela consellería, e como un exemplo a propósito do que estou a relatar, figurarían acordos tan degradantes, tamén a respecto da xestión política deportiva, como o que fai á longa marxinación do triunfador olímpico David Cal. Cando as solicitou, non lle deron nin becas nin subvencións nin axudas de ningún tipo porque "non era un atleta de alto rendemento". Todos eles desapareceron. David Cal segue a triunfar.

Da Real Academia Galega

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS