Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN ESCRITOR

devagar

Venda na estrada

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Ao chegar este tempo non é raro ver un camión ou unha furgoneta na beiravía dalgunha estrada galega cargado con produtos de temporada para vendérllelos á xente que pasa. Estes postos de venda ambulantes adoitan estar atendidos por homes, xa algo entrados en anos, que procuran para os seus produtos unha rendibilidade que o mercado non lles dá. Iso obrígaos moitas veces a ter que durmir dentro dos camións e a comer o que traen da casa. Agora o que máis se ve son cereixas do Bierzo que se poden mercar nas proximidades de Ponferrada ou Vilafranca indo pola nacional, da mesma maneira que se ofrecen os grelos entre Ordes e Sigüeiro ou os pementos de Herbón no campo da feira de Padrón e nos arredores, sobre todo no pequeno trozo que une a vila coa veciña de Pontecesures. Cómpre reparar en que as bolsas sexan de Pimerbón co seu número identificativo, que fomos invadidos como nunca por imitacións. Logo veñen patacas, melóns, sandías, cebolas, allos...

O domingo pasado había xente arredor dunha furgoneta. En apenas dous minutos pararon seis coches. Non vendían nada, tratábase dun pai que repartía os bocadillos da merenda aos fillos e aos seus amigos que foran de excursión.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS