Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Opopular cantautor cubano Pablo Milanés dixo que a música tradicional de Venezuela é a máis rica de Latinoamérica. Coenteillo na Habana a Farruco Sesto, poeta galego-venezolano (ministro de Cultura do goberno de Hugo Chávez) e ratificoumo, ó tempo que me obsequiaba un álbum con catro discos que conteñen 39 cancións con letra del, musicadas e cantadas por Xulio Formoso.
Vaian por diante estes datos para referirme a seguido ó Sistema Nacional de Orquestras Xuvenís e Infantís de Venezuela, laureado en 2008 co Premio Príncipe de Asturias.
O proxecto comprende 120 orquestras xuvenís e 60 infantís e ten como finalidade que os estudantes de música poidan poñer en práctica os seus coñecementos. A Orquestra Sinfónica Nacional Xuvenil chegou a actuar no Kennedy Center de Washngton, e na sede das Nacións Unidas, e ante o papa Xoán Paulo II, e chegou a ter como directores e figuras de prestixio como Zubin Mehta, Simon Ratle, o sueco Gustavo Dudamel e o mestre Eduardo Mata, que tiveron ocasión de tocar con Plácido Domingo, Alicia de Larrocha, Caballé...
Esta organización conta, ademais, con talleres para nenos e xoves, nos que se reparan instrumentos e leva a cabo programas especiais para repaces discapacitados. Ten unha coral de nenos xordos; préstalles asistencia ós colexios públicos que desexen integrarse no sistema musical.
Dirixe esta singular organización José Antonio Abreu (Trujillo, Venezuela, 1939) director titular da Orquestra Sinfónica Simón Bolívar, dende a que creou un grupo musical con mozos e mozas de todo o país. Así comezou todo. Aquel experimento foi o xermolo da obra que hoxe admiramos.
O mestre Abreu recibiu diversos premios internacionais. Foi designado Embaixador de boa vontade para a música e a paz, e enconmendáronlle promover no mundo enteiro este sistema musical venezolano.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado