Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO DA REAL ACADEMIA GALEGA

no pasar dos días

Viaxeiros sen tren

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Galicia, é certo, sempre máis separada que separatista, continúa sometida ao cumprimento do seu destino marxinal por obra e graza dos gobernos de España. Como leva ocorrido en ocasións incontábeis no noso aturar a trancas e barrancas o transcorrer da historia, doutra volta as peticións máis imperiosas cursadas dende esta terra foron enfrontárense cos subterfuxios, as terxiversacións, os desvíos, evasivas e ambaxes propios de quen non teñen, tampouco, un marcado interese en resolver os nosos problemas nin en proporcionar os medios políticos para podermos acometer a súa pronta solución. Nesta liña de preterición das urxencias galegas, e no esencial capítulo das comunicacións internas e externas, tense que vir encadrar agora a recente intervención da ministra de Administracións Públicas no Congreso, no senso de refugar a iniciativa de constitución dunha subcomisión para o seguimento, control, avaliación e impulso das infraestruturas viarias en Galicia, apenas dous días despois de ser asinada a proposta polas tres forzas que integran o Parlamento galego. Pola contra, para evidenciar unha diferenza de trato que cómpre ter en conta, con Cataluña mantense esta fórmula a respecto do AVE. Na mesma sesión de control no Congreso madrileño a ministra de Fomento subliñou as cantidades que se levan investido en Galicia (seica se multiplicou por cinco o investimento medio anual a respecto da anterior lexislatura) e continuou sen determinar prazos para o inicio da serie de obras pendentes de seren executadas conforme aos planos previstos.

Conforta o saber, aínda que un xa vai moi afeito a vanas ilusións e promesas incumpridas do elenco político, que nos planos inmediatos do bipartito está presente con carácter prioritario a creación dun servizo ferroviario galego de proximidade. Así o veu anunciando o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, xa dende o pasado ano, o 9 de maio de 2007, e cando o 27 de setembro se recollía nos medios unha excelente exposición razoada e unha reflexión sobre a imperiosa necesidade desta estrutura reticular de comunicación interurbana e intercomarcal, tendo como espiña dorsal o Eixo Atlántico. "Queremos a creación deste servizo -en palabras do presidente- por parte de quen lle corresponde e ten a competencia, que é o Goberno de España e o Ministerio de Fomento e queremos que a xestión dese servizo sexa transferida posterior e inmediatamente ao eido da comunidade autónoma para desde aquí darlle plena capacidade". E engadiu "ese servizo de proximidade debe ofrecer tempos de viaxe reducidos e debe garantir unha frecuencia importante; trátase dun sistema do que xa dispoñen outras comunidades autónomas, algunhas con relacións e fluxos de transporte menos intensos que os que se dan nas grandes áreas metropolitanas do noso país". Pola súa banda, o 31 de maio de 2007, o ex-voceiro do BNG no parlamento español Francisco Rodríguez, defendeu na Cámara que de non mudar a actitude de Renfe con respecto a Galicia " o BNG impulsará unha compañía propia, que vertebre territorialmente o país". O vicepresidente, Anxo Quintana, seica xa se tiña referido a que "nas conexións locais é onde se ven de forma máis evidente as carencias do carácter centralista do sistema ferroviario español".

E ás voltas seguimos para dotar a Galicia dun ben trazado servizo ferroviario de proximidade despois de máis de cen anos, concretamente 120 anos, dende aqueles primeiros estudios (1888) e xestións referidas ao tren de Fisterra, aquel da Coruña a Carballo e Corcubión, o tren chamado dos 3 CCC. En fin, hoxe, venres, ó rematar estas líneas non sei se tomar unhas vieiras prohibidas e deixarme levar da amnesia.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS