Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 16.11.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XAVIER SENÍN

Visita ao parque

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.8/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Había semanas ou meses que non pasearan pola vila con tanto vagar coma aquel sábado. A mañá, unha das primeiras solleiras de primavera, invitaba a abrir fiestras e ventás e a saír á rúa. Aproveitaron para visitar lugares ao aire libre, sobre todo os parques dos que tan ben dotada estaba a cidade. Nun deles estaban facendo obras de acondicionamento e, sen se decataren, el e mais os fillos, dous mozotes, pasaran por diante dos carteis que prohibían o paso a calquera que fose alleo ás obras que se estaban levando a cabo.

Aquel día non había obreiro ningún traballando, pero si un garda de seguridade que se achegaba a eles con paso decidido e claras intencións de coutarlles o paso. O home, ao que se decatou, chamou os fillos para onda el con disimulo, abriu u­nha carpeta que levaba na man e púxose a trazar imaxinarias liñas nun papel imaxinario, coma quen está interpretando un proxecto de obra. O garda minorou a marcha e parou en seco ao que chegou cabo deles. Logo, con moita educación saudou e quixo saber se precisaban algunha información. Ante a negativa do home, informou de que ía andar preto daquela zona por se querían que lles amosase algo. O pai agradeceulle o xesto e deu por rematada a visita.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS