Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS

PARA a maioría dos mortais, aínda que é máis seguro, viaxar en avión pon máis nervioso que facelo en coche ou en tren: xa sexa polo medo á altura ou a non coller o avión. Se non atopas o DNI, quedas en terra; pódenche confiscar a coitela de afeitar e o de- sodorizante por superar as medidas permitidas; e, aínda que chegues a tempo, pódeste quedar fóra polo overbooking.
A pesar disto, viaxar en avión é un pracer. Tanto polas panorámicas que podes contemplar, como polas interesantes historias que sempre acabas escoitando.
No voo con destino a El Prat que fixen o xoves, un pasaxeiro contoume que traballaba nunha empresa que constrúe muíños de vento. Algúns de 5.000.000 de euros. Viña de ter unha reunión en Cedeira, que comezou pola mañá -estando todo escuro- e rematou pola noite. O pobre non puido ver nada da vila.
Como ao chegar ao avión ía sen copia da tarxeta de embarque que entreguei no finguer e non sabía cal era o meu asento, tiven que esperar na parte dianteira do Airbus un bo intre ata que se aclarou todo.
Cando a azafata dixo boas tardes por corentava vez, díxenlle que nunca escotei dicir boas tardes tantas veces sorrindo; contestándome que o dicía ata 400 veces diarias. Como ese día, en que viña de Londres para facer o seu cuarto voo.
Ao preguntarlle cantos idiomas falaba, díxome que castelán e inglés era obrigatorio. Ao insistirlle se falaba algún máis, díxome que tamén italiano, holandés e alemán. Cando lle dixen que falaba galego, catalán e inglés medio, contestoume: "Está moi ben!". E ao preguntarlle de onde era, decateime de que tamén falaba catalán porque era de Barcelona.
No voo de regreso iamos por encima das nubes, baixo un sol espectacular, ata que comezamos a descender a Lavacolla. Só traspasalas, a néboa e a chuvia inundárono todo. Aquel microclima era virtual, pois -por encima das nubes- todo era sol! A que non era virtual era aquela azafata que dicía bos días -centos de veces ao día- e falaba seis idiomas, sen darse importancia.
Licenciado en Dereito

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado