Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

SARA BARREIRO LICENCIADA EN CIENCIAS POLÍTICAS

Volven os primeiros

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [13 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Primeira operación retorno con atrancos nas peaxes e síndromes de volta ao traballo. O de sempre. Os que aínda non marcharon agachan o seu sorriso, e os que volven teñen mal humor, crises, impaciencias e un montón de cousas metidas nunha maleta, que non se acabarán de colocar ata mediados de mes.

Cousas pouco innovadoras. Centos de festas gastronómicas -ou non, con centos de pregóns que se reparten entre os medio famosos e os conselleiros; veraneantes apiñados nas terrazas de Sanxenxo, Baiona e O Grove; Santiago multilingüe; e unha calor que estivo a piques de ser a protagonista deste verán, pero que unha vez máis estase a converter nunha visitante casual.

Moito tapeo, moito atasco, poucas novas, pouco aparcamento nas praias, pouca civilización de visitantes destrozatodo, e moita paciencia dos habitantes dos pobos de mar. E por suposto o reconto de cada día 31: descenso da ocupación hoteleira, aumento dos prezos, problemas de lixo, de tráfico, e queixas incluso contra o sol... que lle imos facer nós!

Quen puidera ser o único veraneante do mundo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS