Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

O xeito do soño galego

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [19 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Estiven tomando un cafeciño con leite deses de media mañá, aí en Bertamirans, porta con porta coa casa do concello. Sucede ás veces. Entón desentóbome, saio deste tobo non sei xa se moi vontario no que vivo, e falo coa xente. Desta volta con dous amigos do BNG. Militantes de base os dous, un deles é partidario de facer política pensando no país. O outro éo de facela pensando no partido. As dúas praxes políticas son posibles, posiblemente as dúas necesarias, teño pra mín que unha delas acaso máis recomendable e conveniente.

Aquel ten, digo eu, un proxecto pra Galicia. Un proxecto soñado con independencia da súa adaptabilidade ó medio no que ese proxecto se inxire, ou se pretende inxerir. Dito doutro xeito, un soño no que Galicia se conforma coma un líquido o pode facer ó recipiente que o contén. Este, coido que o que ten é a idea de que Galicia é pouco gasosa ou líquida, máis ben sólida, que non anquilosada, e que o que hai que facer é ir pulindo nela coma un canteiro na pedra, de a poucos, ata lle ir dando a forma, o xeito do propio soño.

Se non fora porque poidera ser malentendido e chocaría moito que o soño daquel se pretenderra romántico e un chisco defasado ou o deste acomodaticio e pactista, diría deles dous que, mentres un fai ideoloxía o seu compañeiro fai política. O problema é que a Historia sempre xoga da bando da utopía. Senón de qué ía tirar pra diante o ser humano. Cál millor cenoria ca do soño pra que, estes animaliños que nós somos, tropecemos sempre na mesma e curiosa pedra?

Como hai quen pensa que escribo sempre dun xeito algo vagaroso, coma se o fixese só pra xente que estea no allo; ou sexa, de xeito pouco explícito, coma se pra enteder o que digo houbera que ler entre liñas (mañá o mesmo me da por explicar por qué, porque o fago así, ou tal parece) vou dicir de vez que o corazón pídeme que siga a un e a cabeza aconséllame que atenda ó outro. E hai que atender á razón, moito máis que ó sentemento. Galicia, igual que necesita do PSOE e do PP, necesita un partido bisagra, un partido que conteña, que encore e represe, que modere as forzas centrípetas dos dous grandes partidos estatais. Ese é o gran reto que ten, non Anxo Quintana, qué va, posto que xa o está a formular, sí Francisco Rodríguez, como exemplo dunha tendencia que ten o gran desafío de facer política dende o governo e pra Galicia ou teimar en mantela dende o partido en aras do propio soño. No seu momento Felipe González tivo un reto semellante que resolveu como se sabe e nos abrangueu a todos. Ogallá a Quintana se lle resolva así, tamén polo ben de todos.

ac@alfredoconde.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS