Domingo 16.11.2008
Hemeroteca web
|
RSS
O repartimento de mortes despois do quinto día consecutivo de bombardeo israelí sobre Gaza, non pode ser máis desigual: 380 mortos e 1.700 feridos palestinos, fronte catro mortos israelís.
Xunto aos terroristas de Hamas, saltan polo aire as casas colindantes, carros tirados por mulas con familias enteiras e nenos de dez anos que sacan o lixo. As mortes de civís non importan. Para o primeiro ministro israelí, Olmert, "estamos só na primeira das diversas fases dunha operación que non rematará ata que non lancen máis misíles". E anuncia unha invasión terrestre, aínda máis sanguinaria. Segundo a ministra de Exteriores israelí, Livin, "esta é unha operación contra Hamas, que é o inimigo de Israel e tamén dos palestinos".
Israel leva tempo impedindo a subministración en Gaza de electricidade, de alimentos e de anestesia para os hospitais. E hai catro días impediu arribar a porto o barco Dignidade con axuda sanitaria.
Os atentados suicidas de Hamas en buses e mercados hai que paralos. Pero facelo exterminando a poboación civil, como o fai Israel, é un xenocidio que hai que deter antes que desapareza un pobo enteiro.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado