El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

Acordo final e cine para todos

21.04.2017 
A- A+

SUBVENCIÓNS Non semellaba doado pero, aó final, chegouse á mellor solución. Un defecto de forma levou non hai moitas semanas a que Agadic rexeitase a solicitude de axudas económicas ós catro grandes festivais de cinema galegos. A nova colleu sona, e de que xeito. Onte, o mesmo día no que o Festival de Cans presentaba en Compostela a súa nova imaxe e as novidades da súa XIV edición, a responsable do certame Keka Losada, engadía satisfeita que os festivais afectados adoitaran un acordo final co organismo autonómico para o seu financiamento. Cans, Curtocircuito, Primavera de Cine e FKM beneficiaranse de algo máis de 33.000 euros en cantidades proporcionais, que proceden dun remanente non adxudicado. Boa nova, sen dúbida, máxime sabendo que Agadic mantén o seu compromiso de continuar o diálogo de cara ás futuras convocatorias para aplicar novas líneas de colaboración. É unha proba de que non hai resultados sen diálogo. Non hai infractores porque todos somos perxudicados e a nosa cultura a primeira. O que hai é que falar e ceder, sexa con enerxía ou en baixa voz. É máis doada a solución.